VISITA Ó COMPOSTEIRO DE SABARÍS
Esta mañá, os nenos e nenas de O Areal, visitaron o composteiro de Sabaris, grazas ao Plan revitaliza da Deputación de Pontevedra. Ensináronnos o seu funcionamento e lembráronnos os produtos que se poden depositar nel (aínda que na nosa escola xa o facemos).
Lembramos ás familias a importancia do uso do composteiro, para reducir a porcentaxe de lixo.
E aproveitamos para indicar que se pode e non introducir no mesmo:
- Pódense depositar restos de comida crúa ou cociñada, restos de xardín, pousos de café e restos de infusións, filtros e panos de papel (sen tinta), la en bruto, cortes de cabelo…
- NON se poden botar ao compostador materiais sintéticos ou químicos nin aqueles que non sexan biodegradables (vidro, metal, plástico), aglomerados de madeira, deterxentes, medicamentos…
Para saber máis, podedes visitar a web: https://www.depo.gal/es/plan-compost-revitaliza/como-podo-compostar