SAÍDA Á BIBLIOTECA

PARA REMATAR A SEMANA DO LIBRO, FOMOS DE EXCURSIÓN Á BIBLIOTECA MUNICIPAL DE BAIONA.

TIVEMOS A SORTE DE CONTAR CUN CONTACONTOS E ADEMAIS ESCOLLEMOS UN LIBRO DE PRÉSTAMO!

 

PARA FINALIZAR O DÍA MERENDAMOS E XOGAMOS NO PARQUE DA PALMA.

MÁIS FOTOS AQUÍ.

AS FAMILIAS CONTACONTOS

A SEMANA PASADA CONMEMORAMOS O DÍA DO LIBRO CON DIVERSAS ACTIVIDADES NA ESCOLA.

DURANTE TRES DÍAS VIÑERON FAMILIAS DAS TRES AULAS DO COLE A CONTARNOS UN CONTO...

O MARTES CONTAMOS COA NAI DE IKER DE 5 ANOS E CUNS TÍTERES QUE NOS FIXERON RIR MOÍTISIMO!

O MÉRCORES OS PAIS DE LARA DE 3 ANOS FIXÉRONOS PASAR UN ANACO ESTUPENDO CUNHA HISTORIA Ó SON DA GUITARRA.

E O XOVES, A NAI DE SERGIO DE 4 ANOS, ASOMBROUNOS COA HISTORIA DA SOPA VERDE.

GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POR FACER UN GRAN ESFORZO E PARTICIPAR NESTA SEMANA TAN ESPECIAL!

MÁIS FOTOS AQUÍ.

RETOMAMOS O HORTO

GRAZAS A QUE O TEMPO NOS DEU UNHA TREGUA... A SEMANA PASADA OS NENOS/AS DE 3, 4 E 5 ANOS RETOMAMOS AS LABORES DO HORTO!

EMPEZAMOS ARRINCANDO AS MALAS HERBAS... PRÓXIMAMENTE NOVAS TAREAS. MANTERÉMOSVOS INFORMADOS!

VAI DE COELLOS...

OS NENOS E NENAS DA CLASE DE 5 ANOS ESTÁN TRAENDO A AULA AS SÚAS MASCOTAS (SEMPRE AS RELACIONADAS CO PROXECTO DA GRANXA).

A SEMANA PASADA ÍKER E ADRIANA CASTRO COMPARTIRON CON TODOS/AS OS SEUS COELLOS, UN DE GRANXA E OUTRO DOMÉSTICO.

ENCÁNTANOS TER E VIVIR EXPERIENCIAS REAIS.

23 DE ABRIL... DÍA DO LIBRO

COMO SABEDES, ONTE FOI O DÍA DO LIBRO, E AÍNDA QUE NA ESCOLA APROVEITAMOS TODA A SEMANA PARA CONMEMORAR ESTE DÍA TAN IMPORTANTE, A ASOCIACIÓN DE PAIS E NAIS DA ESCOLA FÍXONOS UN ESTUPENDO AGASALLO...

 

E QUÉ MELLOR CUN LIBRO! TODAS AS FOTOS AQUÍ.

 

MOITÍSIMAS GRAZAS!!

 

 

"NUNCA SE TERMINA DE APRENDER A LEER. TAL VEZ COMO NUNCA SE TERMINE DE APRENDER A VIVIR".

JORGE LUIS BORGES

PROTECTORA BAI SEN PULGAS (BAIONA)

ONTE TIVEMOS A SORTE DE CONTAR COA VISITA DE PROTECTORA BAI SEN PULGAS DE BAIONA.

ENSINÁRONNOS COUSAS MOI IMPORTANTES SOBRE O COIDADO E OS DEREITOS DOS ANIMAIS.

OS NENOS E NENAS DA ESCOLA ESTIVERON MOI ENTUSIASMADOS COA VISITA E DISFRUTARON MOÍTISIMO!

GRAZAS POR VIR E POR ENSINARNOS TANTO.

AQUÍ PODEDES VER TODAS AS FOTOS DO DÍA DE ONTE.

 

E AQUÍ TEDES O CONTACTO COA PROTECTORA: http://www.baisenpulgas.protecms.com/

A FAMILIA DE GABRIEL

O PASADO VENRES A FAMILIA DE GABRIEL VEU Á BIBLIOTECA DE TONTÓN A CONTARNOS A HISTORIA DE SAN JORGE... AGORA ENTEDEMOS A PORQUÉ SE CELEBRA ESTE DÍA TAN IMPORTANTE!

GRAZAS POR VIR E POLO AGASALLO ;)

A FAMILIA DE ADA

O VENRES 13 DE ABRIL VEU A FAMILIA DE ADA A CONTARNOS UN CONTO Á BIBLIOTECA DE TONTÓN QUE NOS DEIXOU ABRAIADOS...

DISFRACES, COLARES, MARIONETAS... ¡QUÉ BEN O PASAMOS!

GRAZAS POR VIR.

DÍA INTERNACIONAL DO BICO

HOXE É O DÍA INTERNACIONAL DO BICO, E OS NENOS E NENAS DA CLASE DE 4 ANOS, CONMEMORÁMOLO ASÍ, CON MOITOS BICOS!

PODEDES VER TODAS AS FOTOS AQUÍ.

13 DE ABRIL DE 2018

HUGO CUMPRE 4 ANOS

PARABÉNS HUGO!

ESPERAMOS QUE PASES UN DÍA XENIAL!