O vindeiro martes 23 de novembro de 2021, terá lugar o acto de elección das persoas que representarán aos pais/nais no noso Consello Escolar. Para favorecer a conciliación familiar/laboral establecemos dúas quendas de horarios, de 9:15 a 10:15 horas e de 15:45 a 16:20 horas.
Podedes votar tanto o pai como a nai de cada alumno/a, sendo imprescindible amosar o DNI para poder depositar o voto.
No taboleiro do centro, está exposto o censo electoral para a súa supervisión e corrección de erros se é o caso.
A ANPA propuxo coma representante a Dona Olga Betancourt Hernández, e como suplente a Aroa Prado Vidal.
Vós tedes que escoller o/a outro representante entre as candidatas seguintes:
Dona: Noelia Franco Rouco
Dona: Paula Barbará Pousa
Se estades de acordo en que vos represente, tedes que marcar o recadro que hai ao lado do seu nome na papeleta de votación. De non ser así, contabilizarase o voto como en branco.
Agradecemos a vosa participación e colaboración.