Skip to Content

PROCESO DE ADMISIÓN 2024-2025

Infórmase ás familias do inicio do prazo de admisión de alumnado para o curso 2024-25.

A solicitude poderase presentar:

- De xeito presencial na EEI O Areal, entregando a solicitude debidamente cumprimentada na secretaría da escola.

- De xeito on-line, no enlace admisionalumnado. Unha vez cuberta a solicitude entregarase, de xeito presencial, na secretaría da escola.

- A través da sede electrónica.

 

A solicitude pode recollerse no despacho da escola se así o desexades ou imprimila directamente nas ligazóns que deixamos a continuación.

 

SOLICITUDE DE ADMISIÓN

INFORMACIÓN IMPORTANTE DO PROCESO DE ADMISIÓN 2024/2025

INSTRUCIÓNS ADMISIÓN 24/25

 

O prazo de admisión, polo tanto de entrega de solicitudes é do 1 ao 20 de marzo de 2024de luns a venres de 9:15 a 10:00 horas e os martes de 15:30 a 17:00 horas.

 

*O criterio complementario aprobado o día 19/02/2024 no consello escolar que sumara un punto extra no proceso de admisión foi: "proximidade ao centro do lugar de traballo (Concello de Baiona)".

 



page | by Dr. Radut