Skip to Content

Celos

¿EN QUE CONSISTEN OS CELOS E A RIVALIDADE?

• Os celos son un estado afectivo caracterizado pola medo a perder ou ver reducidos o cariño e a atención de alguén querido, porque a persoa "amada" prefira a outra. Este sentimento adoita ir acompañado de envexa e resentimento cara o que se percibe como rival. A persoa con celos considerase menos querida que antes.

• A rivalidade entre irmáns é algo natural e inevitable, mais non sempre se da do irmán maior ao menor.

• Adoita manifestarse mediante moitas condutas: rexeitamento ou rivalidade cara o irmán, rachar o seu material ou xoguetes, chivarse de condutas do outro, insultarse, ridiculizarse e ameazarse. Mais, todo isto pode ir acompañado dun cariño sincero. A idea romántica de dous irmáns que van a compartir todo, non sempre é real.

• Tamén se manifesta coa volta a condutas mais infantís que xa estaban superadas: imitar a linguaxe d@ pequen@, tartamudeo, pedir o teteiro ou papa, durmir no berce, pedir ir á cama dos pais, etc. Poden aparecer condutas como choro frecuente e sen motivo aparente ou preguntas alusivas a si se lle quere.

MEDIDAS QUE PODEN AXUDAR

• Establecer no fogar normas claras e concretas para tod@s.

• Habitualos a compartir as responsabilidades diarias.

• Propiciar actividades nas que colaboren tod@s.

• Facer xogos e actividades en familia, como excursións, viaxes, conversas ...creando un clima familiar no que predomine o amor e a confianza, e facer os nosos fill@s participes dos nosos proxectos, ilusións e valores.

• Tratar con afecto e atención os fill@s para que perciban que son queridos.

• Estimular a expresión sincera de sentimentos e emocións.

• Lectura do libro “Querer a todos por igual. Guía práctica para educar a dos o mas hijos” de Nancy Samalin.

MEDIDAS MAIS CONCRETAS

• Evitar as comparacións e a competitividade entre irmáns.

• Ignorar as condutas que son impropias da súa idade.

• Evitar a intromisión frecuente nos seus conflitos, sempre que non exista agresión.

• Non recompensar ao irmán "chivato".

• Evitar que o maior asuma sempre a responsabilidade do coidado.

• Fomentar a cooperación entre irmáns: nas tarefas do fogar, recados, en situacións de xogo, ...

• Respectar o espazo de xogo e intimidade de cada fill@.

• Animar os intereses individuais de cada un.

• Eloxiar os comportamentos axeitados ou desexados, pero sen comparar.

• Educar aos fill@s no control das súas emocións: aprender a soportar pequenas frustracións, alegrarse do éxito dos demais, ensinarlle a aceptar as súas incapacidades e dificultades con optimismo.

• Intercambiar agasallos entre irmáns no momento da chegada do novo membro familiar.

EN SITUACIÓNS DE CONFLITO ...

• Coñecer previamente cales son as situacións de conflito e establecer regras para eses momentos (que está permitido e que non, como debería actuar cada un...)

• Ignorar disputas menores. Se non se solucionan adoptaremos medidas.

• En condutas inaceptables actuaremos de inmediato.

• En momentos de tranquilidade ensinaremos como resolver conflitos.

• investigar quen é o culpable das disputas, para evitar tomar medidas sempre co mesmo.

A CHEGADA DUN NOVO IRMÁN

• Resaltade a importancia de ter irmáns e a felicidade que isto comporta no xogo, nas tarefas diarias, ...

• Deberanse evitar expresións negativas do tipo "agora sí que vas ter que compartir" "tes que coidar do teu irmanciño"...

• Evitar frases que recriminen as súas accións: "non o toques que o podes mancar", "non te achegues que non me fío"...

• Estimular con expresións positivas todo acercamento.

• Buscar espazos para atender de forma preferente aos irmáns no momento do nacemento do novo bebé.

• Valorar os nosos fill@s diante de familiares e visitas, tratando de omitir comentarios negativos sobre elles.

 

 

 

 



page | by Dr. Radut