Skip to Content

Xoguemos cos nosos fillos

 

VENTAXAS DE XOGAR COS FILLOS/AS

Moitas persoas pensan que xogar cos fillos/as é un tempo inútil e sen importancia. Sen embargo, o xogo beneficia moito aos nenos e nenas.

Axuda a crear experiencias e sentimentos positivos entre a familia.

A través do xogo podedes axudar aos nenos e nenas a resolver problemas, a experimentar con ideas novas e desenvolver a súa imaxinación.

Axuda a desenvolver o seu vocabulario e a aprender a comunicar pensamentos, sentimentos e necesidades. Axúdalle a interactuar cos demais, ensínalle a esperar e respectar quendas e a como responder aos sentimentos dos demais.

Cando os pais se involucran no xogo dos seus fillos e fillas, soen mellorarse problemas de conduta.

1. QUE O NENO OU NENA LEVE A INICIATIVA

A primeira norma para xogar co neno/a é seguir a dirección, as ideas e a imaxinación do mesmo. Non intentades impor a vosa forma de xogar, non lle organicedes o xogo dándolle ordes de como xogar. O mellor é que lle presentedes varias opcións e que eles elixan o que prefiran. Non importa si xogan a algo diferente ao que o xogo está destinado.

2. QUE O NENO/A MARQUE O RITMO DO XOGO

Os nenos e nenas tenden a repetir a mesma actividade unha e outra vez. Aínda que este xogo repetitivo pode aburrir aos pais, debedes esperar a que el mesmo decida facer algo diferente por si mesmo.

3. NON COMPITADES CO NENO/A

Aos nenos/as gustalles ter o control do xogo. E o máis importante é fomentar os seus sentimentos de logro e independencia. Se seguides as regras que invente nese momento, isto fará mais probable que el siga as regras que vos logo lle propoñades.

4. NON CORRIXADES NIN CRITEQUEDES AO NENO

Debedes evitar corrixir, criticar ao neno ou indicar como se fan as cousas cando está xogando. O xogo dos nenos non ten que ser perfecto. O mais importante é experimentar e crear, non o produto final.

5. FOMENTADE A CREATIVIDADE E A FANTASÍA

O xogo é unha oportunidade para favorecer a fantasía e a creatividade.

6. UN MOMENTO PARA GABAR AO NENO

O xogo é un momento especial para gabar ao neno. Gabade todo o que fai: os seus esforzos, o que está facendo e o ben que o leva a cabo.

7. USADE COMENTARIOS DESCRITIVOS

Non bombardeedes ao neno con preguntas mentres xoga, mellor apoiade facendo comentarios descritivos do que está facendo.

 8. FOMENTADE QUE RESOLVA SEUS PROBLEMAS

Durante o xogo ao neno se lle presentan problemas e o papel dos pais debe ser fomentar a súa confianza, animalo a intentalo, darlle pistas ou apoio para resolvelo, pero non facelo por el.

9. POÑEDE ATENCIÓN NO XOGO

Os nenos necesitan que se lle presten atención. Ás veces, os seus comportamentos negativos buscan só que se lle preste atención. Cando o neno faga algo inadecuado, deixade de prestarlle atención.

CONCLUSIÓNS

Se todos os días adicades un tempo a xogar con eles, o momento de finalizar non será conflitivo, porque saben que poderán xogar de novo ao día seguinte.

O neno debe recoller os seus xoguetes. Vos lle podedes axudar, animar a facelo e gabalo por elo.

 

 



page | by Dr. Radut