Skip to Content

Novas

Contacontos familias

Fai tempo que non falamos dos contacontos das familias. Dende decembro ata hoxe vimos contos como: "Papá Monstruo", "Un culete diferente", "Ningún beso para mi", "Corre corre cabaciña", "Cuentos de Paula", "El libro de mi Papá", "La ternera Clara" ou "A vaca de puxo un ovo".

Este ratiño dos venres é moi especial para tod@s os nen@s asique non o dubidedes e seguide participando igual que ata agora!

 

ARRANCA O ENTROIDO NO AREAL

SE NO ENTROIDO TE QUERES DIVERTIR

AS ORDES DO MECO TES QUE SEGUIR.

 COMEZA A SEMANA, O LUNS PODES VIR

O DISFRAZ QUE QUEIRAS PODES ELEXIR.

 O MARTES CHEGOU, E IMOS SEGUIR

DO TEU BONECO PREFERIDO PODES PRESUMIR.

 O MÉRCORES QUENTIÑOS IMOS VIR

COAS ZAPATILLAS DA CASA IMOS RIR.

 AVANZA A SEMANA, O XOVES ESTÁ AQUÍ,

E UN FERMOSO PIXAMA TES QUE LUCIR.

 E PASIÑO A PASIÑO, O VENRES POR FIN!!

VESTIDOS DE MONSTRUOS DESFILAREMOS POR SABARÍS!!

 

 

Ensinar hábitos de autonomía

¿POR QUÉ É IMPORTANTE A AUTONOMÍA PERSOAL?

• O desenvolvemento da autonomía persoal é un obxetivo prioritario na educación e no desenrolo dun nen@. Considérase autónomo aquel que é capaz de realizar sen axuda, aquelas actividades propias da súa idade, da súa capacidade e do seu entorno socio cultural.

• Un neno ou unha nena pouco autónom@ adoita ser dependente, require axuda continua, ten pouca iniciativa, e ten maiores dificultades para solucionar os problemas propios da súa idade.

• Esas mesmas características poden reflectirse na súa aprendizaxe ou na relación con outros nen@s.

¿QUÉ HABITOS ENSINAR?

• A norma xeral é que todo o que o nen@ poida facer só, sempre que non poña en risco a súa seguridade, debe facelo el mesmo.

• Tamén é válido como criterio ensinar hábitos que teñen adquiridos a maioría dos nen@s da súa mesma idade.

• Como guía, poden servir os seguintes hábitos, expostos en distintas áreas:

HIXIENE: todo o referido a hixiene e autocoidado persoal. Por exemplo: control de esfínteres, lavar as mans só, peitearse, ...

VESTIDO: o uso das prendas e o seu coidado. Poñerse diferentes prendas: pantalóns, zapatos, calcetíns, abrigo, botóns, ...), gardalas lugar axeitado, elixir a propia indumentaria, ...

COMIDA: relacionado coa súa conduta alimentaria: comer só, respectar as normas básicas de educación na mesa, poñer e recoller a mesa, ...

VIDA EN SOCIEDADE E NO FOGAR: son hábitos referentes á relación cos demais, a utilización dos servizos comunitarios e a conduta no fogar: saudar á xente coñecida, escoitar, pedir por favor, dar as grazas, respectar as quendas, pedir prestadas as cousas, evitar perigos (enchufes, cruzar a rúa...), ordenar as súas pertenzas, usar o teléfono...

¿CÓMO SE ENSINAN?

A meirande parte dos nenos funcionan moi ben con rutinas, polo tanto o ideal será conseguir que eses hábitos se transformen en rutinarios. Cunha práctica axeitada, os hábitos apréndense en 20 ou 30 días.

1. Explicarlles o que se lles vai esixir, evitando pensamentos do tipo "prefiro facelo eu que o fago antes e mellor". Ten que ser algo axeitado a súa idade. haberá que ser constantes e facelo en todos os lugares. E todos os que rodean ao nen@ deben pretender o mesmo, por exemplo non vale que mamá diga unha cousa e papá outra.

2. Dicirlle que ten que facer e como debe facelo, en poucas palabras e trasmitindolle seguridade, dándolle primeiro un modelo (deberedes facelo vós antes para que observe como se fai, narrando en todo momento o que estades a facer), e asegurarvos de que comprende as instrucións.

3. Unha vez que se lle deron as pautas, haberá que practicar, deberedes ofrecerlle moitas ocasións de práctica, recordándolle, se fose necesario, os pasos que debe seguir. Será moi importante eloxiar os seus primeiros avances pois así estaredes aumentando a súa motivación. Os apoios iranse retirando pouco a pouco. Tende en conta que trátase dun proceso longo, polo que deberase dispor de tempo suficiente.

4. Hai que revisar como vai realizando o encomendado, e se non está de todo ben, proporlle como podería mellorar. Como dixemos anteriormente, será importante eloxiar e valorar a súa realización, pois suporá unha motivación extra para o nen@.

E ADEMAIS...

• Algúns pais/nais habitualmente dicides que os vosos fill@s saben facer as cousas, pero que finalmente, preferides facelo vós por presa ou inseguridade. Isto a longo prazo fará que os nen@s non teñan autonomía e cando queirades que fagan algo eles sos, non saberán facelo ou negaranse.

• Por outro lado, se llo ofrecedes como un privilexio ("xa es maior...") aceptarano mellor que se o facedes coma un mandato sen mais.

• Tende en conta que a maioría dos nen@s con idades entre os 2 e os 4 anos, si queren facer as cousas por si mesmos e sodes os propios pais/nais os que non llo permitides, por iso hai que aproveitar eses anos para impulsar e animar a súa autonomía persoal.

 

Admisión 2018

Do 1 ao 15 de febreiro comeza o proceso de admisión que o alumnado de 6º de Infantil (5anos) deben facer para reservar praza no centro ao que estamos adscritos (CEP de Sabarís) e cursar 1º de primaria o curso 2018/2019.

Esta solicitude pódese facer electrónicamente na aplicación "Admisión de Alumnado" da Xunta de Galicia ou cubrindo os impresos que vos entregamos no centro, igual que os anos anteriores.

Dita solicitude presentarase na EEI O Areal.

Ante calquera dúbida, consultádenos!!

Vermiño

Qué ben o imos pasar no patio coa noso novo vermiño!!!

E si non fai caso?

1. POR QUE NON OBEDECEN?

 

Os nenos non fan caso por diferentes motivos, a continuación expoñemos os mais frecuentes: 

  •  Non comprenden as ordes.
  •  Dánselles moitas ordes seguidas.
  • As ordes non se dan convenientemente: Transmitides inseguridade e pouco convencemento ao dalas. No lugar de dar a orde, preguntades: “queres lavar xa as mans?, A orde é pouco clara e demasiado abstracta:”Sé bo, pórtate ben”.
  •  Non hai normas e, se as hai, son incoherentes. Rematades deixando o que non estaba permitido.
  • As medidas que adoptades cando non fai caso, incumprídelas.
  • Hai diferentes coidadores con diferentes normas.
  • Finalmente, os nenos que acostumaron desobedecer e que iso non teña consecuencias. Dalgún xeito, premiouse o feito de non facer caso, ao conseguir case sempre saírse coa súa.

2. QUE FACER PARA QUE OBEDEZAN? 

ESTABLECER UNHAS NORMAS: O neno debe dispor dunhas normas claras e concretas. Adaptadas á súa idade e madurez. As ordes que se dean ao neno, non serán caprichos persoais, se non que estarán referidas a esas normas básicas, solo serán un recordatorio.

COMO DAR AS ORDES:

  • Asegurarvos que escoitan e atenden cando lle dades unha orde.
  • Deben ser claras e concretas, expresar claramente que estades esperando que o fagan.
  • Deben darse con seguridade e contundencia. A orde non pode ser unha pregunta, “queres recoller?”.
  • Deben darse as orden de unha en unha.
  • Deixade un tempo prudencial para que a leven a cabo.
  • Supervisade que as ordes se cumpran axeitadamente.
  • Gabar ao neno cando as cumpra.

PRESTAR MAIS ATENCIÓN: O neno debe decatarse de que se lle presta mais atención cando cumpre as normas e obedece.

3. QUE FACER SE DESOBEDECE?

AS TRES CHAMADAS DE ATENCIÓN: Cando o neno desobedece, chamarédeslle a atención un máximo de tres veces. Sendo a última unha anticipación das consecuencias se non obedece. 

OBRIGAR: Cando non atendeu ás chamadas de atención acudiredes e obrigarédeslle a facer o que lle mandástedes: recoller, ordenar…

REPRIMENDA: Coa consecuencia negativa, darédeslle unha reprimenda breve, clara e contundente, recordándolle cal é a norma.

RETIRARLLE PRIVILEXIOS: Cando a desobediencia é moi reiterativa podédeslle quitar algún privilexio (retirarlle un xoguete ou unha actividade que lle guste), isto deberase aplicar a continuación da desobediencia e períodos de tempo breve.

SER COHERENTES: É importante que os fillos vexan que os pais sodes coherentes coas normas, se dicimos que “non” ten que ser “non”.

NON PREMIAR A DESOBEDIENCIA: Se o neno desobedece e sae coa súa estaredes “premiando” o seu mal comportamento e aumentará a probabilidade de que volva a facelo nunha situación similar.

ACORDO ENTRE ADULTOS: O neno debe recibir a mesma mensaxe de todos os adultos que ten ao seu arredor. Se existen discrepancias non debedes mostralas diante del.

 

 Esperamos que vos sirva de axuda!

Felices Festas!

Hoxe comezan as vacacións de Nadal, pero antes de despedirnos ata o 2017, só queremos desexarvos que pasedes unhas moi felices festas e que disfrutedes moito cos vosos pequenos!

 Non esquezades que volvemos o luns 9 de xaneiro!

3dec. Día Internacional da Discapacidade

Hoxe tivemos unha visita moi especial!!

Cine, exposición de fotos, música en directo...Animádevos a participar con eles!!

http://www.centrojuanmaria.org/

 

Día Non Lectivo

Como xa está reflexado no panel informativo da entrada do cole dende hai uns días, o próximo 5 de decembro non haberá cole!

MAGOSTO

Familias!!

O próximo xoves, 10 de novembro, celebraremos o magosto xunto coa escola de "Agro-Baredo". Cómpre que cada nen@ aporte unhas poucas castañas xa picadas e, o que poida, algo de leña.

Vos podedes vir á escola a partires das 12:30 para disfrutar da festa con nós!

 

Esperámosvos!

Distribuir contido


by Dr. Radut