Skip to Content

SEMANA DO LIBRO_DÍA 4

O conto de hoxe é "Pétala". Este ano empregamos este conto no segundo trimestre relacionándoo coa auga.

Deixámosvos o corto que relizou a escola no ano 2013 co que participou no plan Nós tamén creamos. Podedes velo AQUÍ.

 

FELIZ DÍA DO LIBRO!

#23 de Abril.

CONCURSO RELATO CURTO "O enxeño engaiolado"

Dende a Biblioteca de Baiona achégannos a seguinte información para participar nunha iniciativa polo día do libro.

"Estimad@s lectores/as, hoxe 23 abril, como ben sabedes, é a data promovida pola Unesco para conmemorar o Día Mundial do Libro e Dereitos de autor, xa que ese día, do ano 1616, faleceron: Cervantes, Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega.

En Baiona organizamos para celebralo, un concurso de relato curto.

Como tod@s estamos sufrindo o confinamento, imos aproveitar o tempo e o igual que outros escritores:

Cervantes no seu encarceramento en Arxel, Óscar Wilde en Londres ou como Unamuno ou Miguel Hernández que dende a cárcel de Torrijos (Madrid) escribiu «Nanas da Cebola», animarvos a agudizar o enxeño e a participar neste concurso de relato curto "O enxeño engaiolado", convocado pola Concellería de Cultura e o Arquivo Histórico e Biblioteca Pública Municipal de Baiona, para este ano 2020.

Anímadevos a participar, un cordial saúdo."

BASES DO CONCURSO:

1. Poderán participar neste concurso persoasmaiores de 16 anos.

2. As obras presentadas serán relatos breves, de entre 1500 e 4500 palabras, en galegooucastelán, e terán como tema, central ou colateral, a biblioteca, o libro ou a lectura.

3. Presentaránse a dobreespazo, en Arial 12.

4. Os orixinais enviaranse por correo electrónico (biblioteca@baiona.org), en formato PDF e asinadosbaixo pseudónimo.

5. Os datos correspondentesao pseudónimo (nome e apelidos, DNI e número de teléfono) enviaransenun segundo arquivoaomesmo correo electrónico (biblioteca@baiona.org).

6. O prazo de admisión de obras comenzará o día 24 de abril de 2020, e rematará o 24 de xuño de 2020.

7. As obras non poderán ter sido premiadas en ningún outro concurso nacional o internacional, serán orixinais e inéditas.

8. Valorarase tanto a calidade literaria como as dotes creativas do autor ou autora.

9. O xurado estará composto por especialistas no ámbito bibliotecario e literario.

10. Concederanse 3 premios, consistentes en cheques-libraría por valor de 100, 200 e 300€. Canxeables en librarías de Baiona ata o 31 de decembro de 2020. Cada premio deberasecanxearde xeito íntegro na libraría que o gañador escolla.

1º Premio: 300 €

2º Premio: 200 €

3º Premio: 100 €

11. As obras gañadoraspublicaranse na páxina Web do Concello de Baiona.

12. O fallo do xuradofarase público no Concello de Baiona e na  Bibliotecao día 30 de xuño de 2020. Ese mesmo día comunicarase a forma de entrega dos premios.

 

 

SEMANA DO LIBRO_DÍA 3

Para o día de hoxe decantámonos polo conto titulado "Nadarín". Deixámosvos a versión do CRA Montearagón, podedes acceder dende AQUÍ.

Escollemos este libro pola mensaxe que nos transmite: Unidos poderemos espantar ó "peixe grande", que quere ameazarnos.

Esta creación do conto é moi recomendable, xa que está ilustrado e narrado polos nenos e nenas do citado CRA.

Esperamos que vos guste e vos faga pasar un ratiño moi ameno.

 


SEMANA DO LIBRO_DÍA 2

No segundo día da semana do libro queremos compartir con vos a lectura do conto titulado "Adivina cuánto te quiero".

Para acceder á narración, podedes facer click AQUÍ. Xa veredes que sorpresa! Entrade correndo!

 

Desexamos que vos guste e disfrutedes da lectura.

SEMANA DO LIBRO_DÍA 1

Deixámosvos un vídeo do conto (que atopamos na rede) onde a montaxe audiovisual é de Maite Calavia e as voces son do alumnado do CEIP "El Esparidero" en Zaragoza.

Aquí tedes o link: http://lacasetaespecial.blogspot.com/2012/02/cuatro-esquinitas-de-nada.html

SAÚDO TONTON

Familias, tedes na aula virtual e no Instagram da escola, un saúdo con moito agarimo que lle envía Tontón a todos os nenos e nenas do Areal.

CARTA DO EXCMO. CONCELLO DE BAIONA

Adxuntámosvos a carta que nos fixeron chegar para o alumnado dende o concello de Baiona.

Na aula virtual da escola, deixámosvos o PDF da carta por se tedes algún problema para visualizala.

 

TRABALLO PARA OS NEN@S

Revisade a AULA VIRTUAL da escola. Todas as semanas temos novos materiais.

Podedes acceder dende a pestana que está no borde superior esquerdo desta páxina web. Se alguén esqueceu o contrasinal, que se poña en contacto co centro a través do correo electrónico eei.oareal@edu.xunta.es

Esta semana, ademáis do material de cada curso, inglés, AL. Engadiuse traballo para o alumnado que opte polas ensinanzas de relixón e novos contos con pictogramas.

 

Coidarvos moito.

ESPAZO LECTURA

Familias, Espazo Lectura achéganos esta información por si vos interesa participar na lectura virtual.

 

"Estimadas socias e socios:

 

Espazo Lectura está a preparar a décimo terceira edición da actividade Dar de ler coma quen dá de beber, a sesión de lecturas en voz alta que celebramos anualmente con motivo da conmemoración do Día do Libro e que se enmarca na Semana do Libro e a Lectura.

Como sabedes, esta actividade consiste nunha lectura colectiva para a que as persoas que o desexen escollen un texto moi breve dun libro que queiran compartir cos demais.

Este ano non poderemos reunirnos, pero queremos celebrar o Día do Libro cunha morea de lecturas, como viñamos facendo ata o de agora. Gustaríanos reunir arredor de 25 ou 30 vídeos de persoas lendo desde as súas casas e recomendando diferentes textos cos que nos poderemos facer cando remate o confinamento nas nosas librarías e bibliotecas. 

A idea é publicar os vídeos que nos enviedes nas nosas redes sociais o 23 de abril, Día do Libro, de xeito que poidamos ir gozando ao longo do día das lecturas en voz alta desde as nosas casas. 

A idade mínima para participar é de 14 anos.

 

Que teño que facer se quero participar?

- Escolle un fragmento dun libro en lingua galega, cuxa lectura non exceda os  2 minutos (é moi importante cinguirse ao tempo).

- Grava a túa lectura e envíanola a espazolectura@gmail.com indicando o título e o nome do autor ou autora seleccionada.

- Indícanos tamén o teu nome completo para que poidamos reunir todas as recomendacións e elaborar un documento para difundir coas vosas lecturas.

 

Tedes ata o 21 de abril para enviarnos os vosos vídeos.

Agardamos poder contar coa túa participación e quedamos á espera das túas novas.

Unha aperta.

 

O equipo de Espazo Lectura"

 

Animádevos a colaborar.

 

CONSORCIO EDITORIAL GALEGO

O consorcio editorial galego (Web: http://www.consorcioeditorial.com/) achegan unha serie de materiais educativos de balde para levar o mellor posible esta situación tan excepcional.

Queremos agradecerlles dende a escola que compartan todo isto coa sociedade de maneira altruísta.

Deixamos o hipervínculo para acceder en cada imaxe.

Distribuir contido


by Dr. Radut