Skip to Content

BENVIDOS Á NOSA BIBLIO!

Como sabedes, levamos tempo traballando na creación dunha biblioteca moderna e aberta a todos os membros da comunidade educativa. Este proceso leva tempo e aínda non está rematado, pero pensamos que xa temos o suficiente para que poidades desfrutar dela.

A partir deste momento as familias poderedes vir cos nenos polas tardes para beneficiarvos do préstamo, aínda que seguimos en proceso de transformación. 

O horario de atención será o seguinte:

Martes: 15:30-16:30

Mércores: 16:15-17:30

Hoxe mandarémosvos os carnés que necesitaredes para poder levar libros para a casa.

Agardamos que este sexa un espazo vivo e dinámico ao servizo da comunidade, e para iso é necesaria a colaboración de todos coa participación nas actividades propostas e co coidado dos libros e demais materiais da biblioteca.

Estade atentos ao blogue da Biblio ao que podedes acceder a través da seguinte ligazón https://www.edu.xunta.gal/centros/eeioareal/blogdabiblioteca ou clicando na imaxe do lateral esquerdo. Iremos publicando todas as novidades relacionadas coa biblioteca así como información interesante.

CASIÑA PINTADA

Grazas á nai de Noel de 4 anos e ó pai de Paula de 5 anos, por vir á escola esta mañá a colaborar coa pintura da nova casiña dos materiais de psicomotricidade.

INSTAGRAM DA ESCOLA

Familias, como sabedes, contamos cunha nova ferramenta para dar a coñecer o traballo da escola. Trátase dun Instagram.

Deixámosvos o link https://www.instagram.com/eeioareal/

 

"A SEGURIDADE NAS REDES"

Dende o CPI Cova Terreña infórmanos que o vindeiro xoves 16 terán formación para as familias no salón de actos do centro, ás 17h, a cargo de D.José Eugenio Torres Meiras, responsable do equipo de investigación tecnolóxica da Garda Civil e experto en cibercrime, coa charla "A seguridade nas Redes".
Haberá servizo de gardería gratuíto a cargo da ANPA no comedor escolar.

Proximamente na nosa escola, contaremos coa mesma formación para os que non poidades asistir.

ELFAS DE PAPÁ NOEL

Benvidos a todos e todas despois das vacacións de Nadal! Esperamos que veñades coas pilas cargadas para dar comezo de novo ó curso.

Deixámosvos na galería virtual da escola as fotos da sorpresa do último día. As Elfas de Papá Noel visitáronnos!

POSTAL DE NADAL

Como sabedes, nestas datas son moi comúns as postais de Nadal. Dende o centro creemos na igualdade, no respecto e na reciprocidade polo que, cada nen@ elaborou unha que intercambiou con outr@ para ter un agasallo cos compañeir@s!!

 

Máis fotos na galería virtual.

ANIVERSARIOS PRIMEIRO TRIMESTRE

Hoxe celebramos os aniversarios do primeiro trimestre elaborando unhas deliciosas pizzas caseiras. Todo feito polos estupendos Chefs que temos na escola.

Queremos agradecer a Panadería Isolina (Rotonda de Sabarís) a colaboración altruísta que ten sempre coa escola. ¡Grazas por participar coas actividades culinarias do centro!

 

Podedes ver todas as fotos do proceso na aula virtual do centro, así como os aniversarios de cada unha das clases.

 

¡FELICES ANIVERSARIOS!

CAIXA DE CORREOS E ALMORZO NADAL

Hoxe tocaba saída ao Concello, Correos e almorzo no Liceo de Baiona, como non foi posible por mor tempo trasladamos as actividades á escola.

O Liceo tróuxonos un “súper almorzo” con leite, cacao, galletas, zumes, queixo, xamón... que axudounos a coller forzas para entregar a carta dos Reis Magos na caixa de Correos.

 

Grazas a Carlos (director de Correos) e Fran (carteiro da zona, encargado de levarlle as prezadas cartas as súas maxestades de Oriente), por acercarse a escola, ensinarnos como se envían as cartas e darnos un pequeno agasallo.

 

Podedes ver máis fotos na aula virtual da web.

CONTACONTOS TONTÓN

Deixámosvos na aula virtual da escola, as fotos das familias que participastes durante o primeiro trimestre nas lecturas dos venres na biblioteca de Tontón.

Animámosvos ás familias de todos os cursos, a que participades e vos anotedes para lerlles un conto. É un momento moi feliz para os vosos fillos/as.

ADORNO ÁRBORE DE SABARIS

Onte fomos a plaza de Sabaris a colgar un adorno para a árbore de Nadal que fixemos con materiais de reciclaxe.

Ademais desfrutamos dunha actuación da man da escola de música de Sabaris e nos convidaron a unha chocolatada.

Máis fotos na aula virtual.

Distribuir contido


by Dr. Radut