Skip to Content

MATERIAL DE TRABALLO

Ola familias!

Queriamos lembrarvos que estamos empregando a aula virtual (podedes acceder facendo click na parte superior da web, onde pon AULA VIRTUAL) e o Instagram (@eeioareal) da escola para ofrecervos material de traballo para os vosos fill@s.

Calquera dúbida que teñades, podedes contactar a través do correo electrónico da escola: eei.oareal@edu.xunta.es

Grazas e desexamos que esteades todos ben!

 

ENGLISH

Para que os nenos e nenas non perdan a práctica, é interesante que lles animedes a dicir os
nomes dos alimentos que saiban en inglés nas merendas e comidas, así como contar obxectos
e dicir as súas cores. (É importante que non os forcedes se nun momento dado non queren
dicilo ou non o recordan, é una fase da aprendizaxe que se debe respectar para non xerar
rexeitamento de cara á lingua estranxeira.)

Esta semana propoñémosvos un repaso de animais e natureza. Aínda que a proposta está feita
por niveis é unha simple orientación e moitos dos vídeos son asumibles para todos os cursos.
Ademais, se tedes 15 minutiños nos que non saibades ben que facer... podedes empregar este
vídeo de ioga infantil sobre o conto proposto para 6º EI, deste xeito activamos o corpo e
adestramos o noso oído. Combinando linguaxe e movemento favorecemos a súa adquisición!

4ºEI:
Traballaremos sobre a historia “Dear Zoo”
https://www.youtube.com/watch?v=rudDGRQ9QGA

O ideal é ir parando o vídeo cando apareza cada animal para que o neno ou a nena diga o
nome dos animais que se lembre. Os papás e mamás que sexades capaces, podedes facerlles
despois preguntas sobre os distintos animais que aparecen non conto (is it big or small? What
colour is it?).

Repaso do vocabulario: https://www.youtube.com/watch?v=qb1oKClLzRM
Cancións:
Five Little Monkeys https://www.youtube.com/watch?v=b0NHrFNZWh0
Let’s go to the Zoo https://www.youtube.com/watch?v=OwRmivbNgQk

5º EI:
Traballaremos sobre a historia Brown Bear, Brown Bear, What do you See?
https://www.youtube.com/watch?v=WST-B8zQleM

Pararemos o vídeo despois de cada animal para que repitan. Cando remate a historia a ver se
son quen de lembrar a orde de aparición dos animais!

Canción sobre o conto https://www.youtube.com/watch?v=p_iKiqRX7gI
Yes, we can https://www.youtube.com/watch?v=_Ir0Mc6Qilo

6ºEI:
Traballaremos sobre a historia We’re going on a Bear Hunt
https://www.youtube.com/watch?v=0gyI6ykDwds

Pararemos o vídeo despois de cada elemento para que repitan (grass, a river, mud…).

Vocabulario: https://www.youtube.com/watch?v=PaiNKEcaHEc
Canción sobre o conto: https://www.youtube.com/watch?v=5_ShP3fiEhU

RECOMENDACIÓNS E MATERIAL PARA OS VINDEIROS DÍAS

Queridas familias,

Dada a situación excepcional na que nos atopamos, deixámosvos un banco de actividades organizadas por temática para que poidan facer os vosos fill@s sempre baixo a supervisión dun adulto. Recomendamos nos facer máis dunha ou dúas ó día para non saturar os pequenos/as.

XOGOS E CONTOS IMPRIMIBLES:

https://yalavueltalaluna.com/imprimibles/

PROXECTO ÁRBORES (ACTIVIDADES): https://mimontessori.org/2020/03/04/librito-de-taller-partes-de-la-planta/

IOGA NA CASA:

https://www.youtube.com/watch?v=MI1S5rM0ou0

ACTIVIDADES MANIPULATIVAS E FICHAS PARA TRABALLAR LÓXICO-MATEMÁTICA:

https://thebigbagteacher.com/2017/10/25/inteligencias-multiples-sumas-y-restas/

https://es.ixl.com/math/infantil

EXPERIMENTOS:

https://thebigbagteacher.com/category/experimentacion/

RECUROS ONLINE (PARA TABLET, ORDENADOR…):

http://thebigbagteacher.com/category/herramientas/

XOGOS DE MEMORIA:

http://thebigbagteacher.com/2019/04/26/juego-de-memoria/

FICHAS PARA TRABALLAR LETRAS:

https://www.orientacionandujar.es/2018/03/05/100-fichas-trabajar-la-escritura-todas-las-letras-pauta/

FICHAS PARA TRABALLAR GRAFOMOTRICIDADE:

https://www.orientacionandujar.es/category/grafomotricidad/

FICHAS PARA TRABALLAR A ATENCIÓN:

https://www.orientacionandujar.es/category/atencion/percepcion-visual-atencion/

TRABALLO INGLÉS:

Cancións:

https://www.youtube.com/results?search_query=we+all+go+traveling+by+uk

https://www.youtube.com/watch?v=-jBfb33_KHU

https://www.youtube.com/watch?v=GoSq-yZcJ-4

https://www.youtube.com/watch?v=eBVqcTEC3zQ

https://www.youtube.com/watch?v=yWirdnSDsV4

https://www.youtube.com/watch?v=_6HzoUcx3eo

https://www.youtube.com/watch?v=RuqvGiZi0qg

https://www.youtube.com/watch?v=4XLQpRI_wOQ

 

Historias e vocabulario:

https://www.youtube.com/watch?v=KBcJZOA3Cuk

https://www.youtube.com/watch?v=6NYdNdjTAFA

https://www.youtube.com/watch?v=K7ZJp63pYL0

https://www.youtube.com/watch?v=kKuYfLM0yDc

https://www.youtube.com/watch?v=E5g9smjJiFc

https://www.youtube.com/watch?v=q780dw-1QE8

https://www.youtube.com/watch?v=EJsk_kQMwBA

 

Recomendacións por idades:

Cos alumnos/as de 4ºEI traballade o seu nome, a inicial (pintando, con pegatinas, repasando co dedo, con area, arroz…).

Co alumnado de 5ºEI podedes facer fincapé no conteo e no trazado de número.

Co alumnado de 6ºEI lede contos, fomentade a escrita libre, etc.

Ademais de ditas actividades, poñémosvos outras recomendacións de tarefas que podedes facer con eles/as nas vosas casas como

  • Ler contos (falamos do protagonista, facemos o debuxo do que máis nos gustou, buscamos unha palabra repetida no conto, inventamos un final distinto da historia, etc.).
  • Cociñar xa que é unha actividade moi recomendable, xa que traballamos unha gran cantidade de contidos (cantidades, ingredientes, medidas, etc.) e permítenos a creatividade e manipulación. Xa que estamos na casa, porque non facer un delicioso biscoito cos nosos peques!
  • Axudar nas tarefas básicas do fogar. Os nenos/as son capaces de todo, tender a roupa, dobrar calcetíns, poñer as pinzas, poñer e recoller a mesa, etc. Se lles damos responsabilidades séntense importantes e fomentamos a súa autoestima.
  • Sacade todos eses xoguetes que inundaron as casas en Nadal. Seguro que dalgún xa non se lembran! Puzzles, xogos de mesa, bonecas...

Dende a escola pedímosvos compromiso e responsabilidade coa sociedade. Por favor, queda na casa, pensa en todos. Grazas familias.

PD. No Instagram da escola subiremos máis cousas.

 

8 DE MARZO DE 2020

Hoxe conmemoramos na escola, o día da muller traballadora con distintas actividades e coa lectura "O libro dos porcos".

Feliz día da muller a todas!

ENTROIDO 2020

Xa tedes na aula virtual da escola, todas as fotos do desfile do Entroido 2020 polas rúas de Sabaris. Esperamos que vos gusten!

ANULADA_RISCOS NA REDE E AS NOVAS TECNOLOXÍAS

ANULADA ATA NOVO AVISO

 

O vindeiro martes 24 de marzo, ás 16:30 horas teremos na escola unha charla informativa moi interesante da man da Garda Civil de Baiona-Nigrán.

O obxectivo desta charla é concienciar ás familias do uso e perigo das redes sociais.

Pregamos máxima asistencia a todos os membros da comunidade educativa de Baiona. Estades todos convidados!

DÍA DE ROSALÍA

O pasado 24 de febreiro conmemorouse o Día de Rosalía de Castro. Na escola quixemos dedicarlle un anaco do noso tempo para coñecer un pouco máis sobre a súa vida e obras.

Todas as nenas e nenos da escola elaboraron unha rosa con material de refugallo  porque é o símbolo da escritora. Ademais o alumnado de 6º de infantil aprendeu e recitou unha parte do coñecido poema “adiós, ríos; adiós, fontes”  que podedes ver a través desta ligazón. Fixérono xenial, asi que esperamos que vos guste!

 

MERENDA DE ENTROIDO

Como todos os anos festexamos o Entroido cunha merenda compartida, na que todos e todas os nen@s aportan algo típico destas datas.

Podedes ver todas as imaxes na aula virtual da escola.

SEMANA DE ENTROIDO

Queridas familias, lembrade que este ano estamos a traballar o proxecto relacionado co coidado do medio, polo que vos pedimos, que todos os disfraces deben estar elaborados con elementos que teñades pola casa. Reutilizar e Reciclar.

Aquí vos deixamos as normas do Meco que terán que seguir a vindeira semana.

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

O pasado día 30 de Xaneiro, conmemoramos o Día Escolar da Non violencia e da Paz, coa visita das avoas do centro de día de Baiona.

Todas as fotografías da celebración, podedes velas na aula virtual do centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut