Skip to Content

Oferta educativa

Baseándonos na Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación (L.O.E.), os grandes principios que presiden a educación na E.E.I. Fina Casalderrey resúmense fundamentalmente en:

  • Proporcionar unha educación de calidade ao noso alumnado, garantindo unha igualdade efectiva en canto ás oportunidades.
  • A necesidade de que todos/as os compoñentes da comunidade educativa colaboren para acadar un obxectivo tan ambicioso (principio do esforzo compartido).

Estes grandes principios concrétanse nos seguintes:

  • Concibir a formación como un proceso permanente ao longo de toda a vida;
  • Proporcionar aos nenos/as unha educación que abarque coñecementos e competencias básicas necesarios na sociedade actual;
  • Garantir unha educación de calidade para todo o alumnado;
  • Fomentar a participación de toda a comunidade educativa na vida do centro e o esforzo compartido do alumnado, familia, profesorado e sociedade no seu conxunto;
  • Potenciar a transmisión de valores que favorezan, entre outros aspectos, a liberdade persoal, a responsabilidade, a solidariedade, o respecto e a tolerancia;
  • Favorecer o pleno desenvolvemento das capacidades afectivas e a personalidade do alumnado;
  • Promover a prevención dos conflitos e a resolución pacífica dos mesmos;
  • Contemplar a diversidade do alumnado como elemento enriquecedor da práctica educativa, e concibir a resposta educativa á mesma a partir do principio de inclusión.
  • Fomentar as relacións persoais e de convivencia baseadas no respecto mutuo.
  • Valorar na medida xusta as aportacións do entorno sociocultural.
    Adquirir costumes de orde, disciplina, puntualidade, etc...
  • Conseguir recursos creativos que faciliten a aprendizaxe do alumnado.
  • Empregar unha metodoloxia activa, baseada no aprendizaxe significativo a través da experimentación, a manipulación e o xogo.

Contamos ademáis co seguinte persoal:

PERSOAL DOCENTE

  • Equipo Directivo: Directora e Secretaria especialistas en Educación Infantil que imparten clases de apoio nas aulas e de Psicomotricidade e animación á lectura respectivamente.
  • Xefa do Departamento de Orientación dous días á semana
  • Mestra especialista de Audición e Linguaxe
  • Mestre especialista de Lingua Inglesa
  • Mestra de Relixión Católica dous días á semana
  • 6 mestras titoras especialistas en Educación Infantil

PERSOAL NON DOCENTE

  • Coidadora para ACNEAE
  • Conserxe


page | by Dr. Radut