Baseándonos na Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación (L.O.E.), os grandes principios que presiden a educación na E.E.I. Fina Casalderrey resúmense fundamentalmente en:
-
Proporcionar unha educación de calidade ao noso alumnado, garantindo unha igualdade efectiva en canto ás oportunidades.
-
A necesidade de que todos/as os compoñentes da comunidade educativa colaboren para acadar un obxectivo tan ambicioso (principio do esforzo compartido).
Estes grandes principios concrétanse nos seguintes:
-
Concibir a formación como un proceso permanente ao longo de toda a vida;
-
Proporcionar aos nenos/as unha educación que abarque coñecementos e competencias básicas necesarios na sociedade actual;
-
Garantir unha educación de calidade para todo o alumnado;
-
Fomentar a participación de toda a comunidade educativa na vida do centro e o esforzo compartido do alumnado, familia, profesorado e sociedade no seu conxunto;
-
Potenciar a transmisión de valores que favorezan, entre outros aspectos, a liberdade persoal, a responsabilidade, a solidariedade, o respecto e a tolerancia;
-
Favorecer o pleno desenvolvemento das capacidades afectivas e a personalidade do alumnado;
-
Promover a prevención dos conflitos e a resolución pacífica dos mesmos;
-
Contemplar a diversidade do alumnado como elemento enriquecedor da práctica educativa, e concibir a resposta educativa á mesma a partir do principio de inclusión.
-
Fomentar as relacións persoais e de convivencia baseadas no respecto mutuo.
-
Valorar na medida xusta as aportacións do entorno sociocultural.
Adquirir costumes de orde, disciplina, puntualidade, etc... -
Conseguir recursos creativos que faciliten a aprendizaxe do alumnado.
-
Empregar unha metodoloxia activa, baseada no aprendizaxe significativo a través da experimentación, a manipulación e o xogo.
Contamos ademáis co seguinte persoal:
PERSOAL DOCENTE
-
Equipo Directivo: Directora e Secretaria especialistas en Educación Infantil que imparten clases de apoio nas aulas e de Psicomotricidade e animación á lectura respectivamente.
-
Xefa do Departamento de Orientación dous días á semana
-
Mestra especialista de Audición e Linguaxe
-
Mestre especialista de Lingua Inglesa
-
Mestra de Relixión Católica dous días á semana
-
6 mestras titoras especialistas en Educación Infantil
PERSOAL NON DOCENTE
-
Coidadora para ACNEAE
-
Conserxe