Inicio                         

 

 

blogue deeeidocon

CARANVEXO "OPERACIÓN CAN"

CANTO SABEMOS DOS CANS?

Xa chegando ao final do proxecto elaboramos un vídeo coa técnica audiovisual croma, na que os nenos e nenas, como actividade de reforzo e ampliación, facían un resumo de todo o aprendido sobre a tenencia responsable das mascotas.

 

CONCERTO E MERENDA SOLIDARIA

No mes de maio, xa case rematando o proxecto, nunha asamblea cos nenos e as nenas, xurdiu a proposta de celebrar o Día da Familia cunha merenda e concerto solidario na que se recadou penso e outros tipos de comida de cans para colaborar coa Protectora de Animais do Morrazo.

A todo o centro encantoulle a idea e puxémomos mans á obra. Para facer oficial a invitación ás familias fixemos unha invitación TIc.

A proposta foi todo un éxito e conseguimos recaudar máis de 400 kilos de penso. Aos nenos fíxolles moita ilusión porque a protectora fíxolles un agasallo que é un diploma pola súa colaboración.

 

 

A nosa Operación Can foi noticia en xornais e redes sociais.

 

 

 

 Leticia Santos (Alcaldesa de Moaña)

 Concello de Moaña

  Prote Animais Morrazo

DÁNDOLLE Á COMPETENCIA TIC

Seguimos traballando a intelixencia dixital que propón Howard Gardner con diferentes APPs nas tablets.

FAUNA DE MINI YOGUIS

Para traballar a competencia física e motriz, a competencia en autnomía e iniciativa persoal a competencia emocional... traballouse con técnicas como o mindfullness e ioga. Un exemplo é a actividade Fauna de Miniyoguis na que os nenos e nenas relaxáronse e tomaron conciencia do seu corpo a través de distintas posturas e respiracións que simulaban animais.

 

FORMAS PERRUNAS

Coa axuda dunha familia aprendemos Origami e fixemos papiroflexia con diferentes animais.

 

OS NOSOS CANS SANS E FORTES

Para aprender máis sobre o coidado e salud das mascotas visitounos María, unha veterinaria dunha clínica de Bueu. Explicounos a importancia de lavar as mans despois de estar xogando con cans, que é necesario vacinalos, desparasitalos, falounos de distintas enfermidades que poden ter, da obrigatoriedade de poñerlles o microchip...

 

ESCORNABOTÍZATE

Grazas a ter un ANPA moi participativo e que traballa moito polo centro, este ano tivemos dous escornabots para iniciarnos no mundo da robótica e da programación, dentro do traballo con robots seguimos profundizando na temática dos cans.

 

 

CONTACONTOS "OPERACIÓN CAN"

Traballamos con diferentes contos sobre a temática de Operación Can. Un exemplo é este contacontos que fixo o pai dun dos nosos alumnos co conto "Perros".

 

 

Tamén dende o Equipo de Dinamización da Biblioteca se elaborou unha guía de lectura de temática perruna que inclúe contos e outros materiais audiovisuais.


DOGS AROUND THE WORLD

Como somos un centro plurilingüe boa parte das actividades do proxecto Operación Can fixéronse en lingua inglesa, un exemplo é a actividade Dogs around the world onde o alumnado aprendeu differentes partes do corpo dos canciños en inglés.

 

AXUDÁNDONOS A MELLORAR

Para aprender máis cousas sobre os cans de traballo visitáronnos os profesionais de Contácto. É un centro de Estimulación, Aprendizaxe e Psicoterapia especializado en intervencións asistidas con animais. Explicáronnos como é un día de traballo con estes canciños e fixemos agility con Logan e Trece.

É incrible como estes animais melloran a vida de ancianos que sufren a soidade, nenos e nenas con diversidade funcional, homes e mulleres que están tristes...

 

 

 

 

UN, DOUS, TRES... QUE RAZA PERRUNA VES

Seguindo co traballo da PDI outra actividade realizada é esta de emparellamento de imaxes de cans, onde os nenos e as nenas traballan a memoria, a atención, a coordinación óculo-manual... sempre dun xeito globalizado atendendo ás tres áreas do currículo de Infantil.

 

CANS POLO MUNDO

Un exemplo do traballo que se fai no centro coa Pizarra Dixital Integrada é esta actividade de "Cans polo mundo" nela relaciónanse o Proxecto Operación Can e outro Proxecto que tamén se está a desenvolver no centro "Dende o Con para o mundo". Os nenos e as nenas teñen que situar cada canciño no seu continente de orixe e unha vez acertado escoitan o audio onde o can fala con acento.

 

 

ADIVIÑA QUEN ESTÁ FALANDO

Para mellorar a competencia TIC do noso alumnado traballamos a temática dos cans con diferentes APP. En concreto, esta actividade fíxose coa APP Morf,  os nenos e as nenas facilitáronlle ás mestras fotos das súas mascotas e logo gravábanlle a voz, o resultado son unhas mascotas parlantes moi graciosas.

 

IDENTIFICANDO SONS ANIMAIS

Dentro dos Programa de Estimulación da Linguaxe Oral (PELO), que imparte a especialista de Audición e Linguaxe, traballaronse os sons de diferentes animais na que os nenos e as nenas tiñan que adiviñar a quen correspondía cada onomatopeia.

 

ANIVERSARIOS SOLIDARIOS

Aquí está Anxo e a súa recaudación polo seu quinto aniversario

 

É tal a concienciación do noso alumnado, que algúns deles está moi implicado na colaboración coa protectora. Na celebración dos seus aniversarios fóra do cole, non queren agasallos e prefiren penso que logo levan coas súas familias ás instalacións da protectora.

DEIXANDO PEGADAS NOS NOSOS CORAZÓNS

Como o noso proxecto ten unha metodoloxía globalizada tamén, dentro da temática dos cans, traballamos ó arte a través dunha actividade plástica, elaboramos as pegadas das nosas mascotas.

 

UN AMIGO NON SE MERCA, ADOPTA!

imaxe protectora

 

Visitounos a Protectora de animais do Morrazo e explicáronnos como é un día do seu traballo. Ensináronnos como viven os canciños e as dificultades que teñen, o importante de controlar as camadas e aprendimos o que é a esterilización.

 

"UN AMIGO NON SE MERCA, ADOPTA"

 

Powerpoint con información sobre a Protectora

 

 protectora 1

protectora 2

 

OPERACIÓN CAN

Este curso escolar 2018 - 2019 entramos no Proxecto de innovación da Consellería de Educación Plan Proxecta, en concreto no Programa Protexe aos animais. Por esta razón ao longo de todo o curso traballaremos o noso proxecto de investigación "Operación Can" co cal, a través de numerosas actividades, pretendemos introducir ao noso alumnado no respecto polas mascotas, ensinarlles como hai que coidalas e conciencialos sobre a problemática do abandono.

Distribuir contido