Animación á lectura

As bibliotecas do C.R.A. de Valga

No C.R.A. de Valga, ademais da biblioteca centralizada localizada na sede de Campaña, dispoñemos de bibliotecas en todas as aulas. Mediante elas, fomentamos a animación á lectura e realizamos os empréstitos semanais de libros.

 

 

 

MOCHILAS VIAXEIRAS DO C.R.A. DE VALGA

Dende a Biblioteca do C.R.A. de Valga, queremos presentarvos esta iniciativa que vimos lenvando a cabo os últimos cursos para fomentar a lectura como fonte de coñecemento e de pracer. Trátase dunha mochila que viaxa ós fogares de todos os nenos e nenas. Nela inclúese material relacionado co proxecto que se desenvolve nas aulas cada curso, ademais dunha Libreta Viaxeira que ten como obxectivo crear un recurso de forma conxunta entre todas as familias do alumnado de cada escola coa axuda do material que contén a mochila.