Quen somos?

 Resultado de imagen de cra de valga

O C.R.A. de Valga é o Colexio Rural Agrupado (C.R.A.) do Concello de Valga. Somos un centro educativo público formado por 6 escolas (Campaña, Chenlo, Ferreirós, Forno, Vilarello e Xanza) nas que se imparte o 2º ciclo da Educación Infantil (de 3 a 6 anos). A nosa sede atópase en Campaña, onde podedes atopar os despachos de Dirección, a Biblioteca central, a sala de profesores, o Departamento de Orientación...

Temos a mesma estrutura e funcionamento que calquera outro centro educativo, coa peculiaridade de que as nosas aulas atópanse distribuidas polas diversas escolas que forman parte do noso C.R.A. nas distintas localidades do Concello de Valga. Isto asegura unha maior adaptación ás características da nosa contorna e ás necesidades do alumnado de cada escola.

Os nosos sinais de identidade son:

  • Traballo por proxectos: que permiten unha ensinanza globalizada e significativa e que parten dos intereses do alumnado.
  • Aulas mixtas: con alumnado de diferentes idades, o que favorece a titoría entre iguais e a formación de grupos heteroxéneos.
  • Individualización da ensinanza: as ratios baixas das nosas aulas aseguran este principio educativo fundamental.
  • Atención á diversidade: para atender as necesidades do alumnado en xeral, e ó alumnado con necesidades específicas de apoio educativo en concreto, contamos cun Departamento de Orientación, do que forman parte o Orientador e a mestra de Audición e Linguaxe. Ademais, no noso centro tamén contamos cunha coidadora.
  • Traballo coordinado de todas as titoras e especialistas: todos os mestres das distintas especialidades (Inglés, Música, Educación Física, Audición e Linguaxe e Relixión) asisten a todas as escolas e desenvolven sesións de forma coordinada coas titoras, o que asegura á súa vez, unha gran coordinación entre todas as escolas que forman parte do C.R.A.
  • Colaboración coas familias: créase un ambiente familiar grazas ó intercambio de información diario, á implicación das familias na vida da aula…
  • Colaboración con outros organismos ou institucións da contorna: estreita cooperación co Concello, coa ANPA Pequeval, gabinetes psicopedagóxicos e logopédicos, Atención Temperá, Asociacións da zona…
  • Participación en diversos Programas e Proxectos da Consellería e/ou outros: Plans Proxecta (Aliméntate Ben, Proxecto Deportivo de Centro, Proxecto Ríos, Nós tamén creamos!...), Voz Natura, Recreo residuos cero…
  • Plurinfantil: formamos parte da rede de centros que desenvolven o Plurilingüismo na Educación Infantil na lingua estranxeira (Inglés). Por este motivo, contamos cun auxiliar de conversa nativo que asiste tamén a todas as escolas.

 

 

DATOS DE CONTACTO DO C.R.A.:

DIRECCIÓN: A TORRE, 69, CAMPAÑA, VALGA (PONTEVEDRA).

TELÉFONO: 886151724

EMAIL: cra.valga@edu.xunta.gal

BLOG: cradevalga.blogspot.com