PROCESO DE ADMISIÓN (alumnado que comeza INFANTIL)

Enviado por cradevalga o Xov, 01/25/2024 - 20:51

 

 

COMO REALIZAR O TRÁMITE DE ADMISIÓN E MATRÍCULA?

Podes realizar o trámite de varias maneiras:

- De xeito presencial: Aquí atoparás a solicitude de admisión que deberá ser entregada na sede do CRA de Valga (Campaña) do 1 ao 20 de marzo, de luns a xoves en horario de 12:30 a 14:00 horas ou os martes de 16:00 a 18:00 horas xunto coa restante documentación precisa (libro de familia, fotocopia do DNI do neno/a e das persoas proxenitoras, sentenza de separación, acreditación de necesidades especiais...).
- De xeito electrónico: Aquí poderás realizar o trámite.
 
Se non puideches asistir á Xornada de Portas Abertas, podes acudir á sede do CRA (Campaña) para que che proporcionemos un documento de solicitude de admisión e concertar unha visita ás escolas que desexes.
 
Para calquera dúbida chámanos ou mándanos un whatsapp ao 605 48 41 41. Tamén podes escribirnos un email a cra.valga@edu.xunta.gal

 PUBLICACIÓN DE DOCUMENTOS REFERIDOS Á ADMISIÓN E MATRÍCULA:

- Listaxe de vacantes ofertadas por escolas para o vindeiro curso 2024-2025.
- Listaxe de admitidos e excluídos provisionais: todas as solicitudes de admisión presentadas foron admitidas.
- Listaxe  de admitidos e excluídos definitivos: próxima publicación (antes do 15 de maio de 2024).
- Formalización da matrícula: prazo do 20 ao 30 de xuño.
 
 
NORMATIVA QUE REGULA O PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA:
Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006 do 3 de maio, de educación.
 
Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
 
 
 
AdxuntoTamaño
ED550B-G-20222023.pdf1.39 MB
LISTAXE DE VACANTES DO CRA DE VALGA PARA O CURSO 2024-2025.pdf507.23 KB
LISTAXE DE ADMITIDOS DO CRA DE VALGA PARA O CURSO 2024 - copia.pdf510.01 KB