Animación á lectura
24 de Febreiro...día de Rosalía

Libros para a PAZ
Enviado por admin o Ven, 27/01/2012 - 00:00O vindeiro luns 30 de xaneiro, aniversario da morte de Mathama Gandhi, celébrase o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia. A tolerancia, o respecto ás diferenzas, a colaboración e cooperación, a axuda mutua…estes días son moitas as bibliotecas escolares que andan a seleccionar lecturas que potencian estes valores e axudan á reflexión. Na paxina de bibliotecas escolares tedes unha boa recompilación delas con opcións para todas as idades. De todas elas, nós recomendámosvos especialmente a selección Contos para a Paz realizada pola EEI de Vide (As Neves, Pontevedra) e, en particular, o seguinte vídeo do marabilloso conto “El cazo de Lorenzo”
Ollo co Dragón!
Enviado por admin o Mar, 28/12/2010 - 00:00Durante todo o 1º trimestre, co gallo da festa do Samaín, estivemos traballando nas diferentes aulas ao redor do medo centrándonos nos dragóns. Para que na casa tamén podades adentrarvos no maravilloso mundo destas criaturas míticas, aquí van algunhas suxerencias que tedes a vosa disposición na nosa biblioteca escolar.


