COMEZO DE CURSO

                           1º DIA DE CLASE


O día 10 de Setembro comeza o novo curso escolar 2015/ 2016 para os vosos fillos e fillas.

 

Ese día ás 10 da mañá realizaremos unha REUNIÓN para as familias e os alumnos en cada unha das escolas, baseada no proxecto "O primeiro día de escola: Mellor en familia".

A partires dese día tedes nas escolas o horario do período de adaptación para o alumnado de 3 anos. O alumnado de 4 e 5 anos asistirá en horario de 9:00 a 14:00 horas dende o 11 de setembro.

AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR

Actualidade

Becas de material escolar para E.Infantil E.Primaria e E. Secundaria para o curso 2015/2016

24.07.2015

O Concello de Ribadumia convoca Bolsas de material escolar para Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria para o curso 2015/2016. O prazo de presentación de solicitudes remata o día 5 de agosto de 2015 e as solicitudes preséntase ans oficinas municipais en horario de 09:00 a 14:00 horas.

Os interesados en acollerse a este plan de becas para material escolar convocado polo Concello de Ribadumia ten que cumprir os seguintes requisitos:

 

- Non percibir outras axudas polo mesmo concepto de outros organismos públicos ou privados.

- Estar empadroado no Concello de Ribadumia

- Cursar estudos do segundo ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria ou Educación Secundaria.

- As persoas beneficiarias non poderán superar os seguintes límites de ingresos. Teranse en conta as hipotecas e os alugueres ata un máximo de 350€ mensuais.

Nº DE FAMILIARES     MÁXIMO ANUAL  MÁXIMO SEMESTRE     MÁXIMO MENSUAL 

2                             7.743,6   3.871,8                 645,30  

3                             9.292, 32         4.646,16                774, 36 

4   10.841,04        5.420,52                903,4

5   12.389,76        6.194,88                 1.032,48

Os interesados terán que entregar a seguinte documentación nas oficinas de Servizos Sociais do Concello en horario de 09:00 a 14:00 horas: 

- Solicitudes (se recolle no Concello)

- DNI do solicitante e membros da unidade familiar, Certificado de Convivencia

- Xustificantes de ingresos de xaneiro a xuño do ano en curso e, Copia cotexada das Declaracións do IRPF, do exercicio económico anterior ou Certificacións negativas do IRPF de tódolos convivintes, sexan ou non membros computables.  

-De ser o caso, recibo de Aluguer ou Xustificante do pago de emprésito para adquisición de vivenda habitual.

- Certificación bancaria do múmero de conta.

- Declaración das axudas recibidas polos mesmos conceptos.

- Factura do gasto realizado.  

O PRAZO REMATA O 5 DE AGOSTO 

BLOG DA ANPA DO CRA DE RIBADUMIA

A ANPA do noso centro creou un blog a partires do cal vos informan de como facerse socio, datos de contacto, así coma as actividades das que a apartires de setembro poden desfrutar os vosos fillas/os.

https://anparibadumia.wordpress.com/

 

PROCESO DE MATRICULA DE ALUMNADO PARA O CURSO 2015/2016

Dende o 20 ao 30 de Xuño estivo aberto o prazo de matrícula de alumnado para o vindeiro curso 2015/2016, a continuación nos arquivos adxuntos poden ver as listaxes definitivas do alumnado matriculado durante este periodo e do resultado da comisión de escolarización realizada. 

No centro aínda temos vacantes, polo que se algunha familia se olvidou do prazo de matrícula do seu fillo/a, poden solicitar información na sede do Cra en Leiro.

 

OS MAIOS

O xoves 30 de Abril, celebramos a chegada do Maio na sede do Cra de Ribadumia en Leiro. Coa axuda das familias o alumnado trouxo os ingredentes precisos para que as mestras Ana e Ángeles fixeran un Maio florido e fermoso.

     

Mentres o alumnado e o resto dos docentes disfrutamos de diferentes obradoiros:

CADEAS DE FLORES

CONTOS E COLAR DE FLOR

        

TANTO TRABALLAR E DISFRUTAR MERECEMOS RENOVAR FORZAS, NESTE CASO AS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 5 ANOS TROUXERON ESTA MERENDA DELICIOSA.

                    

 

Para rematar este día, colocouse O Maio no Local Social para cantarlle a cantiga e a continuación un grupo de música tradicional amenizaron este acontecemento con muñeiras ..., para cantar e bailar todos os participantes.

MOITAS GRAZAS A TODOS POLA COLABORACIÓN.

 

SAÍDA A ACTIVIDADES AFUNDACIÓN EN PONTEVEDRA

O 24 de Abril viaxamos a Pontevedra á unha actividade cultural de Afundación. O alumnado do Cra de Ribadumia disfrutou dunha actividades musical "A nena e o grilo no país das apertas".

           

Despois da actuación musical, tamén asistimos a exposición e ao obradoiro de gravado. Que saída máis estupenda.

  

DIA DO LIBRO 2015

O 23 de Abril celebrouse o "Día Mundial do Libro" e no noso centro tamén o celebramos con uns contacontos, cheos de música e historias.

              

PARABÉNS A TODOS OS LIBROS DO MUNDO!!!!!

 

XII XORNADAS DA MULLER

XII Xornadas da Muller

O sábado 14 de Marzo no IES das Fontiñas en Santiago
A CIG-Ensino e a AS-PG organizan para o sábado 14 de marzo, no IES das Fontiñas en Santiago, as XII Xornadas da Muller. Consulta no interior da nova a programación e accede á ligazón para matricularte.
Xornadas da Muller 2015 cartaz

LIGAZÓN para ver a programación.

LIGAZÓN para matricularse.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

EDUGAL: IV Salón da Oferta de Educación e Formación de Galicia

Edugal 2015. IV Salón da oferta de educación e formación de Galicia

 

 

 

IV Salón da oferta de educación e formación de Galicia.

Edugal preséntase como o maior Salón da oferta de educación, un lugar de encontro entre o alumnado, os profesionais do ensino, os centros de formación e as institucións educativas.

Aberto en horario de 10 a 13:30 e 16 a 19:30 h.

Organizado pola Asociación de Empresarios da Pequena e Mediana Empresa de Pontevedra (AEMPE).

Entrada libre e gratuíta.

+info. en www.edugal.es

SALÓN DO LIBRO

00/00/
Array

     Dende o 27 de Febreiro ata o 28 de Marzo, celebrarase no Pazo da Cultura de Pontevedra baixo o título "DA CIENCIA Á FICCIÓN" o XVI Salón do Libro Infantil e Xuvenil.


Será un mes cargado de actividades culturais para disfrutar nenos/as e maiores, contacontos, obradoiros, exposicións ...


Para máis información AQUÍ

Distribuir contido