PUBLICACIÓN PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID 19 CURSO 20-21

A  Consellería de Educacion ven de publicar o Protocolo que se aplicacará no vindeiro curso 20-21. Este Protocolo completarase coas Instrucións de inicio de curso, que se publicarán en setembro.

Ambos documentos (Protocolo e Instrucións de inicio de curso) deben de ser concretados para cada un dos centros educativos, segundo as súas características.

O Protocolo está publicado na web: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/31578

Como referencia xeral, pódese considerar o disposto no Protocolo, onde se recolle que "na etapa de Educación Infantil e na de Educación Primaria poderase optar pola alternativa de establecer grupos estables de aula, ata un máximo de 25 alumnos, que xunto ao titor/a poderán conformar Grupos de Convivencia Estable cuxos membros poden socializar e xogar entre si sen ter que manter a distancia interpersoal de forma estrita. Estes grupos de convivencia estable deberán evitar a interacción con outros grupos do centro educativo, limitando ao máximo o número de contactos, o que non faría necesario gardar a distancia interpersoal de 1 metro en aula".

Ademais desta disposición xeral, hai unhas consideracións especficas para o alumnado de Infantil e 1º e 2º cursos de Educación Primaria, que é a idade do alumnado do noso centro. Para estas idades, flexibilízanse as medidas de hixiene e traballoEntre outros aspectos, non será necesario o uso de mascarillas e permítense algunhas actividades en pequenos grupos.

Dado que aínda falta máis dun mes para recibir as Instrucións de inicio de curso (que estarán condicionadas pola evolución da situación actual ao longo do mes de agosto), na actualidade non é posible dar unha información máis detallada. A comezos de setembro, antes do inicio das clases, informaremos a todas as familias das medidas específicas que se aplicarán no curso 20-21. 

Para calquera consulta ou dúbida as familias do alumnado poden escribir por correo electrónico á seguinte dirección: cra.oroso@edu.xunta.gal

Saúdos.


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013