Skip to Content

Blogues

Xa quedan poucos días!

Ola amigas e amigos do CRA!

Recordade que xa non queda nada para reservar a vosa praza no CRA. Podedes acudir a calquera das escolas. Sede benvidas e benvidos. Agardamos por vós!

Ábrese o prazo de admisión no noso CRA.

Ola benvidas e benvidos!

O xoves 1 de marzo comeza o prazo de admisión nos centros educativos e remata o 20 de marzo. (clicade na imaxe para máis información) 

Se queredes coñecer o noso centro escolar seredes moi ben recibidas e recibidos. Recordade que somos un CRA e temos 4 escolas para escoller:

- Senra

- Deixebre

- Vilacide 

- Transmonte

Estamos a vosa enteira disposición. 

Como ben sabedes ofertamos unha ensinanza individualizada e cooperativa. Temos pouca ratio e permítenos desfrutar desa ventaxa educativa. Estamos preto de vós, a relación coas familias é diaria. A disposición do alumnado temos unha infinidade de recursos actuais e variados.

Vinde coñecernos e non perdades a oportunidade!

Estas son as nosas prazas vacantes:

Para a admisión do alumnado so tedes que dirixirvos o enlace facilitado pola Xunta de Galicia: 

 

 

Ou ben podedes acudir ao centro e facelo dende alí. 

Tamén se coñecedes alguén que poida estar interesada ou interesado, non esquezades avisar. Seguro que o agradecerá.

 

Contamos con vós para seguir medrando!

Fotos do Festival de Entroido

Que tal cibercolegas?

Tendes que visitar a nosa galería. Alí poderedes atopar tódalas fotos da festa. 

E se tedes tempo, tamén ver as imaxes de saídas, convivencias na biblioteca...

Moitos saudiños.

Día da Paz

Ola navegantes!

Temos un novo material de recomendacións para celebrar o día da non violencia e a paz.

Clicade na imaxe:

Recomendacións Polbo - mascota

Ola!

Aquí quedan unhas recomendacións lectoras sobre o mundo dos polbos. Saúdos e a desfrutar de lectura, colegas.

 

Moitas grazas

Hoxe recibimos unha postal da escola de Deixebre. Gustounos moito. Queremos darvos as grazas. Que teñades un bo nadal.

 

Nadal 2017

Ola colegas!

Aquí tedes un ano máis un pequeno recordatorio de que libros podedes ler durante estas datas, espero que os disfrutedes.

Moitos pingüibikos.

Cancioneiro de Nadal 2017

Ola pingüiamig@s:

Xa tedes aquí as nosas panxoliñas de nadal, pero ollo para chegar a elas precisades un mobil, tableta, ordenador ou oitros medios que poida ler códigos QR. 

Facedeo en familia e desfrutade un montón destas datas.

Conservatorio e "a mirada contemporanea"

Queremos agraceder a tódalas persoas implicadas nesta saída escolar tanto @s profesionais que atopamos no Conservatorio Histórico de Santiago como Afundación Obra Social ABANCA. 

Para ampliar a nova so tedes que visitar o blog escolar da Pingüibiblioteca. Grazas.

Distribuir contido


by Dr. Radut