Skip to Content

Proxecta: Alimenta-t ben

OS PRODUCTOS ECOLÓXICOS DA NOSA HORTA!

Cantos alimentos hai na nosa horta!

Pementos, cenoiras, leituga,...

E ata temos fresas!

 

SHOWCOOKING CO CHEF MIGUEL RODRÍGUEZ

Aí vos deixamos as receitas que o CHEF MIGUEL RODRIGUEZ do PARADOR DE TUI creou para o alumnado do CRA.

Canto saboreamos!

Quen dixo que aos nenos e nenas non lles gusta o peixe e a froita?

Agora a experimentar na casa!

 

 

BAUTISMO FLUVIAL NO RÍO MIÑO E SHOWCOOKING NO PARADOR DE TUI

O venres día 5 de xuño as aulas de GUILLAREI, CALDELAS, BALDRÁNS, PONTE E PEXEGUEIRO realizarán unha travesía polo Río Miño para un bautismo fluvial no CABO FRADERA.

Tamén se participará nun SHOWCOOKING que organiza o xefe de cociña do PARADOR de Tui onde se prepararán un prato de PEIXE CON SALSA DE FRESAS E GROSELLAS e unha SOBREMESA sorpresa con piña, melón, mazáns, kiwi, plátanos.

As familias están convidadas a participar para aprender a cociñar con MIGUEL.

Xa falta pouco!

AFROITA-T BEN

Froita, moita froita!

E para seguir saboreando froita uns bailes ao son da froita:

baile 1

baile 2

baile 3

baile 4

 

AFROITA-T BEN

Queredes aprender unha canción das froita?

ESCOITA A CANCIÓN

Se estiveches moi atento descubrirás o nome de moitas froitas!

 

 

AFROITA-T BEN

 

 

HOXE INICIAMOS A NOSA CAMPAÑA DE PROMOCIÓN DUNHA ALIMENTACIÓN SAUDABLE.

TÓDOLOS DÍA NO ALMORZO DE MEDIA MAÑÁN O ALUMNADO DAS AULAS DE CALDELAS, BALDRÁNS, GUILLAREI, PONTE INTERNACIONAL E PEXEGUEIRO DISFRUTARÁN DOS SABORES DA FROITA.

TAMÉN SE DESEÑARON ALGUNHAS PROPOSTAS RELACIONADAS COA FROITA: COÑECER E IDENTIFICAR OS NOMES EN GALEGO, CASTELÁN E INGLÉS, DISCRIMINAR AS CORES DAS FROITAS, RECOÑECER A QUE SABEN, XOGOS DE ATENCIÓN E PERCEPCIÓN,...

O NOSO LIBRO DAS FROITAS

AFROITA-T BEN

Estamos chegando a MAIO!

CHEGA O PROXECTA: ALIMENTA-T  BEN de novo!

E neste mes e no mes de xuño desenvolveremos un proxecto que se denomina AFROITA-T BEN! que dinamizará o consumo responsable de alimentos saudables e a inxesta de froita durante 4 períodos de 5 días cada un.

Diseñouse e editouse un libro de recursos para traballar a temática da froita de forma vivenciada: manipulando, ulindo, cortando, preparando sobremesas ou almorzos,...O NOSO LIBRO DA FROITA ten actuacións tamén  para a mellora atención, memoria, percepción,.... e realizaranse actuacións integradas no medio social.

Os periodos son:

-De 04/05/2015 a 10/05/2015

-De18/05/2015 a 24/05/2015

-De 01/06/2015 a 07/06/2015

-De 08/06/2015 a 14/06/2015

Algunhas das accións que desenvolveremos son:

-RECOLLER AS FROITAS DAS NOSAS HORTAS ESCOLARES

-REALIZACIÓN DUN SHOW COOKING EN FAMILIA DE PEIXE E FROITA NO PARADOR DE TUI CO XEFE DE COCIÑA

-REALIZACIÓN DUN LIBRO DE RECEITAS CO INGREDIENTE DE FROITA

-OBRADOIROS CON FAMILIAS PARA FACER: ENSALADA DE FROITAS CON IOGUR, ENSALADA DE FROITAS CON ZUME DE LARANXA, BROCHETAS CON CHOCOLATE FACENDO UNHA SERIE DE CORES, PIZZA DE FROITAS

Cando xa esteamos en acción iremos dando novas.

 

RECICLANDO COA HORTA ESCOLAR

Temos unha HORTA ESCOLAR COLABORATIVA!

Xa vedes FAMILIAS COMPETENTES EN ACCIÓN!

Pero quixemos facela empregando material de regugallo!

Cantas rodas!

Recortamos, pintamos, colocamos, plantamos repolos, tomates, leitugas, cebolas, allos,...!

VÍDEO

AVENTURAS CON SABOR A MAR, CON SABOR A PEIXE!

HOXE ESTIVEMOS DE AVENTURA!

DE AVENTURA NO MAR!

FOMOS GRUMETES!

RECIBIMOS UN DIPLOMA!

DENTRO DO PLAN PROXECTA NO QUE O CENTRO PARTICIPA PARTICIPAMOS  EN:

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR!

DESCUBRIMOS NOMES DE PEIXES, A CONTAMINACIÓN DO MAR, A COCIÑAR CON ALIMENTOS DO MAR,..

QUE DE COUSAS APRENDEMOS

RECURSOS:

Distribuir contido


by Dr. Radut