Skip to Content

AFROITA-T BEN

Estamos chegando a MAIO!

CHEGA O PROXECTA: ALIMENTA-T  BEN de novo!

E neste mes e no mes de xuño desenvolveremos un proxecto que se denomina AFROITA-T BEN! que dinamizará o consumo responsable de alimentos saudables e a inxesta de froita durante 4 períodos de 5 días cada un.

Diseñouse e editouse un libro de recursos para traballar a temática da froita de forma vivenciada: manipulando, ulindo, cortando, preparando sobremesas ou almorzos,...O NOSO LIBRO DA FROITA ten actuacións tamén  para a mellora atención, memoria, percepción,.... e realizaranse actuacións integradas no medio social.

Os periodos son:

-De 04/05/2015 a 10/05/2015

-De18/05/2015 a 24/05/2015

-De 01/06/2015 a 07/06/2015

-De 08/06/2015 a 14/06/2015

Algunhas das accións que desenvolveremos son:

-RECOLLER AS FROITAS DAS NOSAS HORTAS ESCOLARES

-REALIZACIÓN DUN SHOW COOKING EN FAMILIA DE PEIXE E FROITA NO PARADOR DE TUI CO XEFE DE COCIÑA

-REALIZACIÓN DUN LIBRO DE RECEITAS CO INGREDIENTE DE FROITA

-OBRADOIROS CON FAMILIAS PARA FACER: ENSALADA DE FROITAS CON IOGUR, ENSALADA DE FROITAS CON ZUME DE LARANXA, BROCHETAS CON CHOCOLATE FACENDO UNHA SERIE DE CORES, PIZZA DE FROITAS

Cando xa esteamos en acción iremos dando novas.

 



page | by Dr. Radut