CRA de Culleredo

Outros

PÉTALA

Hoxe día 23 de abril é o DÍA DO LIBRO. Desde o noso Proxecto CONTICRA non podíamos ter mellor idea que contar un conto ao alumnado das nosas escoliñas. Escollimos o conto de PÉTALA, unha pomba branca que se atopa cun enorme mostro cando anda na procura da chuvia, moi necesaria para a natureza.



A GUERRA DOS NÚMEROS

O mércores 29 de Xaneiro, Iván e Mabel contáronnos un conto para que pensaramos na paz. Titulábase "A GUERRA DOS NÚMEROS".

Despois deixáronnos uns traballos para facer o mural "A Paz dos números".

Artur e Clementina

Hoxe mércores 11 de decembro de 2013 co proxecto Conticra, as profes contáronnos un conto chulísimo de dúas tartarugas, Artur e Clementina.

       

 A verdade é que Artur pareceunos un pouquiño malo pois enchía de regalos a Clementina pero non lle facía moito caso. Por iso entendemos que Clementina marchara da súa casa.

Agora estaremos moi atentos a ver si algún día atopamos a Clementina sen caparazón polo mundo adiante.

Os tres bandidos

Este ano, no Samaín, visitaron as escolas tres temibles bandidos para contarnos a súa historia.

Ao principio asustámonos un pouco, pero despois decubrimos que non eran tan malos e ata compartiron con nós o seu botín.


O conto viaxeiro

Este ano tamén creamos entre todos os nenos e nenas do CRA un conto viaxeiro. Fixemos as ilustracións e o texto; quedounos moi bonito. Titúlase "CABALEIRO E MANCHITAS".


A princesa do Caurel

Para conmemorar o  Día do Libro, o 23 de abril, disfrutamos en todas as escolas do conto "A princesa do Caurel".

 


É un conto encadeado que narra como a princesa do Caurel perdeu o seu anel e recuperono gracias a un pastor.

Disfrutamos moito co conto e coa súa canción!


Sofía, la vaca que amaba la música

Esta vez o conto seleccionado foi "Sofía, la vaca que amaba la música", unha divertida historia acerca dunha vaca que non é aceptada por distinta razóns e que ao final crea unha orquestra na que o único que se valora é ter talento musical.

Podedes velo aquí:

 

                                    

Por cuatro esquinitas de nada

O día 29 de Xaneiro contamos un conto moi bonito, titulado "Por cuatro esquinitas de nada". A partir do conto traballamos o Día da Paz e fixemos actividades con redontitos e cuadraditos.

Podes ver o conto neste video.

 

       

Unha feliz catastrofe

Esta vez o conto seleccionado foi, "UNHA FELIZ CATASTROFE",un conto coeducativo, no que se traballa a igualdade dos sexos.

Podedes velo aquí!

 

Como os protagonistas da historia eran unha famila de ratos, dúas ratiñas percorreron as escolas para contar este conto!

       

O PAPÓN

Este curso comezamos o proxecto do CONTICRA contando un conto, co motivo da celebración do Samaín.

Achegouse ás nosas escolas o HOME DO SACO e contounos un conto chulísimo, O PAPÓN.


                         

Distribuir contido