Esta escola atópase situada na parroquia de Ledoño, pertencente ao Concello de Culleredo.
Localízase no val de Veiga, regado polo río Valiñas, afluente do Mero; río que forma a Ría do Burgo. Delimita ao norte con Orro, ao sur con Veiga e Celas de Peiro, ao este con Sésamo e ao oeste con Veiga.
A escola conta cunha unidade mixta, que escolariza nenos e nenas do 2º ciclo de Educación Infantil. Conta cos servizos precisos e cun amplo patio de xogo.
Horario: xornada continuada (9-14h)
CURSO 2023/2024
Titora: Susana.
ENDEREZO
Lugar de Ledoño
CP. 15189
Tlfno: 981 668 189