CRA de Culleredo

Anuais

ENCANTADOS COS CASTELOS

ÉSTA É UN PEQUENO RESUMO DO TRABALLADO NO CURSO 2014-15

PROXECTO DO CURSO 2014/15: ENCANTADOS COS CASTELOS

O 10 DE OUTUBRO CHEGOU AS NOSAS ESCOLAS A PRINCESA CRABELA. VIÑA CHORANDO PORQUE UN MALVADO DRAGÓN TEN PRISIONEIRO AO SEU PRINCIPE ARTURO. PEDIUNOS COLABORACIÓN. TEMOS QUE INTENTAR AXUDALA A SUPERAR UNHAS PROBAS SOBRE AS QUE TEMOS QUE INVESTIGAR NA ESCOLA E NA CASA.

ESTAMOS TRABALLANDO NAS PROBAS E ADEMAIS FIXEMOS ...

 UNHA MURALLA DE PAZ QUE RODEA O C.R.A. DE CULLEREDO

UN ENTROIDO CHEO DE DAMAS E CABALEIROS COIDADOS POLOS DRAGÓNS

DESPOIS DE REMATAR TODAS AS PROBAS, CRABELA FOI QUEN DE RESCATAR AO PRÍNCIPE ARTURO. VIÑERON XUNTOS A VISITARNOS ÁS ESCOLAS E NOMEARONNOS DAMAS E CABALEIROS DE CULLERCRÁ. INVITARONNOS TAMÉN A VISITAR O CASTELO ONDE SEGUE O DRAGÓN QUE TIVERA RETIDO A ARTURO.

 

  

 

Unha viaxe ao fondo do mar

Durante o curso 2013/14 estivemos a traballar nas escolas o proxecto "Unha viaxe ao fondo do mar".

Esta é unha pequena mostra do que fixemos.

 

O NOSO CONCELLO

Neste curso 2012/13 imos traballar o proxecto "O NOSO CONCELLO".

Para comezar, o profe Iván, trouxonos A AVIONETA PEPA á nosa clase e contounos a súa historia. Queres volver a vela?

Joan Miró

No presente curso estamos a traballar sobre o pintor

catalán Joan Miró.


 

Ao longo do curso, nas distintas escolas, estase a

traballar sobre a vida e obra deste artista.


Para iniciar este proxecto valémonos de dous contos,

"O cadro máis bonito do mundo"  e "Miró para niños".

 

                                   


E despois, fomos recopilando información a través de

distintos medios: xornais, revistas, libros,.....


               

                            


E a partir disto, comezamos a traballar!

Pintamos nas escolas

O primeiro que fixemos foi escoller un cadro para cada escola e pintámolo na parede.

Quedaron moi ben!!!


Escola da Choeira

 

          

             "Personaje, estrella"                                               "El oro del azur"

Escola de Ledoño

 


"Personaje delante del sol"

 

Escola de Sésamo

"La bailarina"

 

Escola de Vinseira

"Mujer con bonito sombrero"

Libro de traballos

Con todo o que apredemos elaboramos un libro sobre Joan Miró.

 

 

O Entroido

Seguindo co tema dos pintores, no Entroido disfrazámonos de pintores.

Que guapos!!!

 

    

           Escola da Choeira 3 anos                                  Escola da Choeira 4-5 anos

 

        

               Escola de Ledoño                                             Escola de Sésamo

 

Escola de Vinseira

Distribuir contido