CRA de Culleredo

experiementos

Comezamos cos experimentos!

Comezamos cos experimentos na escola!

En primeiro lugar, recordamos un que xa fixemos o ano anterior. Vimos e recordamos que cando botamos colorante en auga queda tinguida da cor do colorante. E que se botamos dúas cores estas mestúranse.

Pero despois, prantexousenos outra pregunta, que pasará se botamos colorante no leite? Despois de pensar o que ía suceder puxemonos a facelo e descubrimos que as cores non se mesturan. E o profe Iván explicounos que isto sucede porque o leite ten graxa. Pero despois vimos que se lle botamos unhas gotas de lavavaixelas a graxa desaparece e as cores mestúranse.

Foi xenial!

 

Experimento de combustión

Seguindo co experimento anterior, nesta ocasión prantexousemos a dúbida de qué sucederá se engadimos un pouco de auga no fondo do prato.

Cada un ideou a súa hipótese e despois comprobamos que a auga subía polo vaso debido a que ao consumirse o osíxeno a auga pasa a ocupar ese espazo.

 

Distribuir contido