Escola de Silvoso
EEI de Silvoso
Titora : Rosa Presedo Vieites
A unidade de Silvoso está situada no lugar de Silvoso, parroquia de Ouces. Consta dun edificio de planta baixa cunha soa dependencia adicada a aula que mide uns 75 metros cadrados e non ten divisións, agás as feitas polo mobiliario e xogos que delimitan distintos recantos. O edificio está orientado cara o noroeste.
Na parte exterior dereita atópase un pequeno patio cuberto de 16 metros cadrados e dous pequenos servizos. Este patio utilízase como almacén de productos de limpeza debidamente illados, material de educación física e psicomotricidade, mermando moito o espazo destinado ó xogo.
Pola parte esquerda hai unha zona exterior cementada duns 18 metros cadrados.
O acceso ó edificio consta cunha barreira arquitectónica de 9 escaleiras. A fachada principal ten unha ventá ampla e a porta de entrada pola que recibe a luz directa do sol. A fachada esquerda ten catro ventás amplas e na dereita unha porta que non delimita a totalidade do acceso, permitindo a entrada de luz e ventilación.
O recinto está pechado cun cercado metálico de dous metros de altura.
Teléfono : 981621930
Correo : crasilvoso@gmail.com
REDES SOCIAIS
Instagram : @crasilvoso
Blogue (premede na imaxe para acceder)