Skip to Content

Orientación

Congreso de Innovación na Formación Profesional celebrado en Santiago.

O alumnado de 2º, 3º e 4º de Educación Secundaria acudiu o 23 de marzo a un evento que se constitúe como referente na difusión da innovación didáctica e tecnolóxica, da transferencia de coñecemento e da capacidade de emprender na que está inmersa a Formación Profesional de Galicia.

 

Estiveron acompañados do Orientador do Centro Ernesto Fernández Guerra e dos profesores Jose Luis Darriba Cibeira, Alberto Hernández Platero e Gemma Conde Rodríguez

 

Alí viron como a rapazada doutros centros de Formación Profesional se desenvolvía explicándolle ao noso alumnado os seus proxectos, o que supón un balón de autoestima e liberdade para eles. 

Neste congreso presentáronse unha morea de traballos, como produción e aplicacións do hidróxeno verde para mover vehículos ou drons, sistemas de mellora da eficiencia enerxética das granxas de porcino, sistemas de seguimento e cría en granxas avícolas, novidades na industria e impresión textil, emprego de plantas como alimentos, sistemas de realidade aumentada, etc. 

 

No espazo expositivo do Gaiás, presentáronse proxectos de innovación, emprendemento e obradoiros para mostrar unha visión práctica da FP.

 

O CPI de Rodeiro entre os 20 centros galegos participantes no Proxecto VIAEDU.


 

Participamos nun programa piloto da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que consiste na aplicación dunha liña de orientación vocacional, realizado en tan so 20 centros educativos de Galicia.  

 

Galicia é pioneira no estado español na implantación dun programa destas características, deseñado para axudar ao noso alumnado na súa toma de decisións académicas e profesionais con esta ferramenta que é complementaria á labor que xa ven realizando o Departamento de Orientación

 

Este programa consta de varias fases, que comeza coa realización dunha proba de orientación a través da plataforma ViaEdu, desenvolvida por profesionais de psicoloxía e pedagoxía. 

Despois das diferentes probas e da análise personalizada de cada estudante, ofreceranse unha serie de suxestións de estudos superiores, tanto de Formación Profesional como universitarios. 

 

En canto ao envío do informe de resultados para cada alumno, o orientador do centro estará en todo momento á disposición de familias e alumnado para a interpretación dos seus resultados e apoio na investigación das opcións educativas dispoñibles. 

 

 

FOLLETOS INFORMATIVOS E MAPA DA OFERTA DE FP

TÁBOA PONDERACIÓNS MATERIAS SELECTIVIDADE

NOTAS DE CORTE DAS DIFERENTES TITULACIÓNS DAS UNIVERSIDADES GALEGAS

ORIENTACIÓNS PARA ALUMNADO CON TEA

ORIENTACIÓNS PARA ALUMNADO CON DISLEXIA

ORIENTACIÓNS PARA ALUMNADO CON TDAH

HORARIOS ESO LOMLOE

BECAS ALUMNADO NON UNIVERSITARIO

Distribuir contido


by Dr. Radut