DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DO FONDO SOLIDARIO E RECOLLIDA DE BOLETÍNS PARA ALUMNADO DE ESO

  • O día 23 de xuño farase a entrega de notas e a recollida dos libros de texto na aula de referencia do alumnado, agás aqueles necesarios para preparar os exames de setembro.
  • Ao alumnado de 1º, 2º e 3º ESO entregaráselles unha folla para a elección das materias optativas do vindeiro curso que deberán devolver asinadas polos proxenitores.
  • O alumnado de 4º ESO que titula en xuño levará toda a documentación necesaria para poder formalizar a matrícula no centro correspondente.

A devolución e recollida realizarase por quendas das que serán informas polas titoras do curso correspondente, e durante o proceso, respectaranse as medidas de seguridade (utilización do xel na entrada, separación física, máscara,.....) No caso de ter que asinar algún documento, é preferible que traian o seu propio bolígrafo.

Recordamos que a falta de devolución do material prestado será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar do curso 2020-21.

 

)

Powered by Drupal - Design by artinet