Curso 2019-2020

Actividades do curso 2019-20

Aprendendo Tiro con Arco!!

Etiquetas :

A semana do Entroido foi moi movidiña :) O xoves 20 de febreiro, a víspera da celebración do Entroido, os rapaces e rapazas de 2º ciclo de primaria, da man de Alfonso, da Escola Lucense de Tiro con Arco, estiveron a aprender a usar o arco.

Como podedes ver a indumentaria que levaban era algo extraña, o Meco mandaba ir con pixama, algo do revés e algo na cabeza!

tiro con arco

tiro con arco 2

Visita ó Museo Interactivo da Historia de Lugo e ás instalación de El Progreso

Etiquetas :

O pasado 19 de febreiro, as rapazas e rapaces de Infantil e Primaria foron a Lugo a visitar o Museo Interactivo da Historia de Lugo e as instalacións do xornal El Progreso, onde coñeceron de primeira man como se elabora un xornal.

No museo

El Progreso

Día da Paz

Etiquetas :

Cada 30 de xaneiro, celébrase o Día da Paz.

No Poeta Uxío Novoneyra vivimos esta conmemoración decorando o cole e cantando todos e todas unha canción.

 

Ademais, tanto Primaria como Secundaria recibiron un curso de Primeiros Auxilios por parte da Cruz Vermella, moi interesante, con moitas aclaracións sobre como actuar en casos de emerxencia e, mesmo, tomar partida, salvando vidas.

 

 

Obradoiro coa sexóloga Martina González Veiga

Etiquetas :

Este luns 27 tanto Primaria, como Secundaria, como os profxs e os pais e nais puidemos asistir a unha interesante sesións de formación en educación sexual.

Primeiro, os niveis máis altos de Primaria coñeceron mellor o seu corpo e o do resto de nenas e nenos. A chave era entender que a educación sexual comeza na infancia, e que ten que ver con aspectos tan importantes como a autoestima, os afectos, o autocoñecemento ou a comunicación nas relacións.

Nesta mesma liña traballouse despois en Secundaria, aínda que cun nivel de contidos moito maior, así como de preguntas por parte do alumnado.

Finalmente, logo de rematar as clases os pais, nais, profesoras e profesores que quixeron, asistiron á actividade titulada: Como lle falo diso?. Aprendendo a educar ás crianzas en sexualidade.

Sobre sexualidade é imposible non educar, e o silencio tamén educa.

Charla sobre a gandaría.

Etiquetas :

O pasado xoves 23 de xaneiro, o alumnado de Secundaria recibíu unha charla impartida por un profesor da USC.

A idea era reflexionar sobre o estado da gandaría, polo que se trataron temas como a contaminación, o benestar animal, os diferentes tipos de explotacións... Unha temática moi interesante para os nosos nenos e nenas, que viven no rural.

Lecturas de Nadal

Xa temos tríptico de lecturas para este Nadal!

É unha guía de lecturas, adaptada a cada idade, pero todas sobre a montaña. 

Non esquezades pasar pola biblioteca antes de Nadal para escoller unha lectura que vos acompañe nestas datas!

Boas festas!

!

 

Toponimízate!

Etiquetas :

Onte tivemos unha actividade para Primaria e Secundaria sobre os topónimos. Vicente comentounos o funcionamento da App que crearon e convidounos a participar nela engadindo o nome de lugares da nosa montaña.

Tamén nos explicou de onde proviñan os nomes das nosas parroquias e certas aldeas, ou o mal nomeados que están certos carteis de toda Galicia. 

Non podemos esquecer a riqueza cultural que supón ter unha toponimia tan ampla, variada e antiga!

 

25 de novembro

Etiquetas :

O 25 de novembro é o Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero. Este ano no cole realizamos a actividade das Mensaxes Curadoras, na que de xeito voluntario e anónimo fóronse introducindo nunha caixa diferentes mensaxes de apoio para as vítimas da violencia de xénero.

Concerto Didáctico

Etiquetas :

O pasado luns 18 tivemos unha experiencia moi enriquecedora, pois tivemos un concerto didáctico con Abraham Cupeiro. Traia unha morea de instrumentos de vento, de diferentes épocas históricas, polo que aprendemos moito sobre a historia da música.

Cabe destacar como moitos dos instrumentos realizounos el mesmo, e como outros chegaron dende lugares moi afastados. Ademais, amosounos o bo músico que é!

Obradoiro de Brindos

Etiquetas :

Ao espertar da Noite entre Libros fíxonos falta ese gran almorzo, pois demos a benvida no cole ao Magosto!

Así, o mércores 13 asamos castañas e comémolas con chourizo, pero tamén realizamos algunha que outra actividade, entre a que destacamos o Obradoiro de Brindos, xunto aos de Cervantes.

CPI POETA UXÍO NOVONEYRA

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design