As probas extraordinarias de setembro serán:
Matemáticas 3º ESO: Martes 1 de setembro ás 10:30
Inglés 3º ESO: Martes 1 de setembro ás 10:30
Entrega de notas: Mércores 2 de setembro a partir das 10:30
As probas extraordinarias de setembro serán:
Matemáticas 3º ESO: Martes 1 de setembro ás 10:30
Inglés 3º ESO: Martes 1 de setembro ás 10:30
Entrega de notas: Mércores 2 de setembro a partir das 10:30
O horario do centro no mes de xullo e setembro (mentres non empecen as clases) será de 10:00 a 13:00.
Para calquera consulta pódese chamar ó 982828169.
Que mellor forma de comezar o mes que coa visita de Guadi Galego!
@s nen@s estiveron a conversar con ela, preguntáronlle todo o que quixeron e tod@s disfrutamos dalgunhas das súas cancións!
Moitas grazas Guadi e Carlos pola visita!
O pasado 25 de maio tivo lugar o III Congreso Científico da Montaña.
Ó igual que o curso pasado, debido ó COVID, non puido ser presencial, pero non por iso foi menos enriquecedor.
Ademais do noso cole, participaron os sequintes centros:
- CPI Uxío Novoneira
- CPI de Cervantes
- IES de Becerreá
- IES Plurilingüe S. Rosendo (Mondoñedo)
Presentarónse un total de 23 traballos de investigación. Cinco deles foron realizados polo noso alumnado:
- Terceira idade no Courel (Pablo, Sabela e Zaira de 2º ESO)
- Seoane a través do Catastro de Ensenada (Zaira, Sabela e Pablo de 2º ESO)
- Ríos vs Bosques (Sabela, Pablo e Zaira de 2º ESO)
- Cultura científica (Uxía, Candela, Luís, Daniel de 3º ESO)
- Eólicos, un problema real? (Gema e Adrián de 4º ESO)
Este mércores todos @s nen@s do cole achegáronse un chisco máis á ciencia!
O noso cole participou nos obradoiros de divulgación científica, organizados por XuvenCiencia ó abeiro do proxecto Ciencia no Camiño.
Os máis pequenos do cole, ó igual que o 1º grupo de primaria, xogaron con filtros de cores e cos sentidos. Ademais aprenderon xogando o que é unha cadea trófica.
O 2º grupo de primaria extraxeron ADN dos guisantes e aprenderon sobre a fibra óptica.
Na ESO, aprenderon que as PCR son unha técnica coa que ademais de detectar o coronavirus, pódense detectar fraudes alimentarias.
Por último, deixásmosvos algúns links sobre estes obradoiros e o proxecto Ciencia no Camiño:
https://xuvenciencia.org/blog/ciencia-no-camino/
https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/ciencia-camino-achega-obradoiros-xuvenciencia-370-escolares
https://twitter.com/RTVEGalicia/status/1389585605647032323?s=20
https://twitter.com/JavierAriasFouz/status/1387673638795612163?s=20
O pasado luns, @s nen@s e os profes do cole, participamos na limpeza do río. Unha actividade que vimos facendo dende fai anos e coa que poñemos o noso graniño de area para mellorar a nosa contorna.
Ademais, ó día seguinte, @s nen@s do 2º grupo de Primaria, realizaron a inspección anual do río Lor, analizando as súas características biolóxicas e físico-químicas.
Estas actividades enmárcanse dentro do Proxecto Ríos e do proxecto Voz Natura do noso centro escolar.
Deixámosvos algunhas fotos!
DÍA |
HORA |
MATERIA |
28 de maio |
11:15 |
Inglés 2º ESO |