Curso 2017-2018

Aberto o prazo para a admisión de novo alumnado para o vindeiro curso 2018-19

Etiquetas :

Ata o 20 de Marzo  as familias interesadas en matricular o seu fillo/a no centro deberán entregar a solicitude de admisión na secretaría do centro.

Deberedes descargar o impreso de solicitude e entregalo debidamente cuberto e asinado por ambos proxenitores

 

Descargar aquí: Impreso solicitude admisión

ACTIVIDADES FORMATIVAS EN LINGUAS EXTRANXEIRAS PARA O ALUMNADO 2018

Etiquetas :

Xúntase a Orde do 22 de xaneiro de 2018 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

  • O prazo para a presentación de solicitudes será do 8 de febreiro ata o 7 de marzo (incluído)

  • A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se refire na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle.

AXUDAS CONCELLO

Informámos que o Concello acaba de publicar as  bases para a concesión de axudas a familias para a adquisición de libros de texto e material escolar de alumnas/os matriculadas/os en Educación Infantil no noso centro escolar.

Todos os trámites realízanse na Concello de Folgoso.

Podedes consultar a información no seguinte enlace: INFORMACIÓN AXUDAS INFANTIL

 

LISTAXES DEFINITIVAS ESO FONDO LIBROS

As listaxes definitivas da adxudicación do fondo de libros ao alumnado de ESO achégase no enlace:

LISTAXE_ESO_FONDO_LIBROS

Os libros comunicaráselles aos alumnos/as que libros deben mercar por quedar fora do préstamo e farase entrega do resto.

 

INICIO DE CURSO

Etiquetas :

DATA DE INICIO DE CURSO:

Primaria: 11 de setembro

Secundaria: 18 de setembro

Pasar a recoller os vales de material escolar e libros ao colexio.

A resolución definitiva do préstamo de libros para a ESO é publicada o día 15 de setembro.

O listado de material que precisa o alumnado de Infantil e Primaria está no documento "Material Infantil e Primaria".

É necesario cubrir o documento anexo para ser usuarios do comedor escolar. O prazo de entrega remata o día 22 de setembro.

Tamén están os listado de libros de texto por cursos.

LISTAXES DEFINITIVA ALUMNADO DE PRIMARIA DE ADMITIDOS/EXCLUÍDOS NO FONDO DE LIBROS CURSO 2017-2018

Non hai excluidos.

A listaxe definitiva de ESO será publicade o 15 se setembro.

Non comprar libros ata que o centro o comunique ás familias.

Os vales para material ou libros serán entregados en setembro.

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS/EXCLUÍDOS NO FONDO DE LIBROS CURSO 2017-2018

NON HAI SOLICITUDES EXCLUÍDAS EN FONDO DE LIBROS

  As listaxes provisionais da Consellería de Educación da asignación de libros do fondo de préstamo para o vindeiro curso están nos enlaces que se indican máis abaixo.

 As persoas interesadas poderán formular reclamacións no centro os días 11 e 12 de xullo.

 As listaxes definitivas publicaranse:

 Primaria-14 de xullo.

 ESO- 15 de setembro

 

Na resolución definitiva detallarase  de que materias son os libros que se asignan a cada alumno/a.

Para os cursos de 1º e 2º de Primaria os vales de compra para os libros entregaranse na primeira semana de setembro.

 

PREGAMOS A TODAS AS FAMILIAS QUE NON COMPREN O MATERIAL ATA QUE O CENTRO ASÍ O COMUNIQUE.

Aberto o prazo para a admisión de novo alumnado para o vindeiro curso 2018-19

Ata o 20 de Marzo  as familias interesadas en matricular o seu fillo/a no centro deberán entregar a solicitude de admisión na secretaría do centro.

Deberedes descargar o impreso de solicitude e entregalo debidamente cuberto e asinado por ambos proxenitores.

 

Descargar aquí:  Solicitude de admisión

CPI POETA UXÍO NOVONEYRA

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design