Novidades

Novidades na biblio!

Etiquetas :

 

  • Novidades na Biblio! Lecturas adquiridas pola AMPA relacionadas con un obradoiro de educación afectivo-sexual.

 

Novidades na biblio!

Etiquetas :

Novas adquisicións en novembro, para ter máis que nunca presente a importancia da muller en toda a súa magnitude ao longo da historia.

(Ed. Bululú)

Novidades na biblio!

Etiquetas :

En galego, para todas as idades e gustos. :) (Ed. Hércules)

 

 

Os seguintes son libros doados por a organizadora dun obradoiro de portugués.

 

E estes son libros adquiridos na librería Celia (Quiroga); hai que apoiar as tendas de proximidade e os negocios locais.

 

Préstamo de tablets

Queridas familias,

Dende a biblioteca do CPI Poeta Uxío Novoneyra, comezaremos a ofrecer o servizo de préstamos de tablets proximamente. Para sacar o máximo proveito deste servizo e de todas as súas posibilidades, convidámosvos a solicitar o carné de usuario da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia da biblioteca de Quiroga para os vosos fillo/as. As familias interesadas deberán completar o formulario na seguinte ligazón: 

 

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-memberentry.pl

 

Dende a biblioteca do centro, facilitaremos o trámite final e non será necesario que vos despracedes ata Quiroga, pero en caso de estardes interesados e facer a solicitude telemática, precisaremos fotocopia do DNI dun dos titores mais a súa sinatura. Unha vez sexades usuarios da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, poderedes acceder ao préstamos das tablets e acceder, ademais, a eBiblio Galicia.

 

Que é eBiblio e como funciona?

eBiblio é un servizo de préstamo electrónico a través de Internet, que as bibliotecas e servizos de lectura pública poñen a disposición do cidadán. eBiblio ofrece unha plataforma tecnolóxica que permite acceder ao catálogo e realizar o préstamo de obras en formato dixital para poder lelas en diferentes dispositivos: tabletas, teléfonos intelixentes, computadores persoais ou lectores de libros electrónicos.

 

Que preciso para acceder ao préstamo en eBiblio Galicia?

Os usuarios da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia poderán acceder a eBiblio Galicia para facer os préstamos identificándose mediante a súa chave de usuario e contrasinal.

 

Que podo atopar en eBiblio Galicia?

eBiblio Galicia ofrece aos cidadáns unha colección de novidades editoriais de todo tipo. De acordo coa clasificación que se utilizou para a selección e adquisición das obras, existen libros electrónicos co seguinte contido:

  • Ficción para público adulto, incluíndo narrativa, poesía e teatro.
  • Obras xerais sobre ciencia e tecnoloxía, ciencias sociais, arte e humanidades.
  • Obras xerais relacionadas con cuestións de saúde, autoaxuda e desenvolvemento persoal, formas e actividades relacionadas co lecer, viaxes, deportes e informática de interese xeral.
  • Ficción orientada ao público infantil e xuvenil, incluíndo narrativa, poesía e teatro.
  • Obras de non ficción para o público infantil e xuvenil, incluíndo todo tipo de materias (arte, música, historia, ciencia e tecnoloxía, lecer, deportes etc.)
  • Audiolibros, versións íntegras da obra escrita, narradas por profesionais e gravadas en formato audio.

Novidades na biblioteca!!!

Temos un montón de novidades na biblioteca! xa non hai excusas para non ler ;)

Lecturas de Nadal

Xa temos tríptico de lecturas para este Nadal!

É unha guía de lecturas, adaptada a cada idade, pero todas sobre a montaña. 

Non esquezades pasar pola biblioteca antes de Nadal para escoller unha lectura que vos acompañe nestas datas!

Boas festas!

!

 

CPI POETA UXÍO NOVONEYRA

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design