Tecnoloxía

Ponencia Intelixencia Artificial (IA)

Na mañá de hoxe o alumnado da ESO, grazas ás súas habilidades adquiridas do uso das TIC's, participou nunha interesante ponencia sobre IA vía online (videoconferencia) organizada pola fundación San Patricio e impartida por expertos de IBM.

A ponencia na que participaron outros centros educativos foi grabada sen cámaras pero por vía chat o CPI Poeta Uxío Novoneyra de Lugo presentouse e foi mencionado. Asimesmo o alumnado, ó remate puido plantexar cuestións, en concreto a do noso centro foi sobre aplicacións de IA que xeran imaxes.

Felicitamos ó alumnado do CPI Poeta Uxío Novoneyra pola súa participación nesta ACE! :-D

Visita Eso Laboratorio Inveco

O alumnado da Eso do CPI Poeta Uxío Novoneyra desfrutou a semana pasada en Lugo, dunha actividade extraescolar de interese para as materias de Tecnoloxía e Física e Química. Foi recibido pola empresa INVESTIGACIÓN Y CONTROL LUGO, S.L. (INVECO), a cal leva 37 anos prestando servizos como laboratorio de control de calidade e asistencia técnica á construción, para o que está acreditada pola Administración. Alí puideron ver as súas instalacións e equipos de ensaio das diferentes áreas, e mesmo a realización de espectaculares ensaios de resistencia sobre materiais:

  • Formigón, trazabilidade e conservación das mostras na cámara húmida. Demostración do desmolde e a rotura a compresión de probetas cúbicas na prensa; extracción de mostras cilíndricas en formigón proxectado e rotura a flexotracción de mostras prismáticas de formigón.

 

  

 

  • Solos e xeotecnia, ensaios de densidade e humidade, búnker e equipo de isótopos radioactivos para medición na obra, equipo para ensaio da capacidade portante do terreo de placa de carga. Demostración do ensaio de compactación dunha mostra de solo a humidade e densidade óptimas e de corte directo.

 

 

  • Aceiro estrutural, caracterización xeométrica, orixe, e demostración do ensaio de rotura a tracción dunha mostra de aceiro corrugado con visualización da gráfica.

 

  • Viais, mostras de aglomerados, equipos para granulometría, deslizamento, etc. Demostración do ensaio de esvaramento co péndulo sobre unha mostra de árido.

  

  • Medio ambiente e inspección, demostración co equipo de fonte sonora e co sonómetro analizador para medición de ruído e illamento acústico; cámara termográfica para medición de o illamento térmico nas edificacións.
  • Laboratorio de química, análises de calidade de augas e solos. Demostración do ensaio da plasticidade dunha mostra de solo e da súa acidez para determinación da agresividade ó formigón.

 

X OLIMPÍADA TECNOLÓXICA

 

Un ano máis o alumnado de Tecnoloxía puido disfrutar da Olimpíada Tecnolóxica. O obxectivo é claro: espertar o seu interese polas novas tecnoloxías, fomentar a aprendizaxe dun xeito lúdico, e por suposto, a divulgación do patrimonio cultural galego e a interacción entre rapaces do rural e do urbano. E tamén, por que non, reinvidicar a importancia da aprendizaxe da Tecnoloxía neste século XXI.

Participaron 130 alumn@s de 2º, 3º e 4º da ESO da materia de Tecnoloxía de sete centros diferentes: o CPI San Tomé do Carballo de Taboada, o CPI de Castroverde, o IES Gregorio Fernández de Sarria, o IES Leiras Pulpeiro de Lugo, o CPI Uxío Novoneira do Courel, o CPI de Cervantes e o IES de Melide. Fórmanse seis grupos de cada curso e en cada un deles hai compoñentes de todos os centros participantes.

Tamén contamos con arredor de 30 profesor@s e outros 20 alumn@s colaboradores deses mesmos centros. Sen eles organizar a Olimpíada sería imposible.

Ciencia aplicada.

Despois de tanto aprender contidos teóricos na clase é hora de ver como se aplican. Para iso,  fómonos ata Vigo. Ali visitamos o Instituto de Investicacións Marinas do CSIC-Galicia e tamén a planta de producción de coches de Citröen.Dous bos exemplos.

CPI POETA UXÍO NOVONEYRA

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design