Actividades

Recomendacións lectoras para o Nadal

Etiquetas :

Recomendacións lectoras para este Nadal, baseadas nos fondos actuais que agora mesmo temos na Biblio e que nos parecen moi interesantes. Hai para todas as idades! (Arquivo adxunto)

O Nadal xa está aquí!

Etiquetas :

 

O día 21 de decembro foi a despedida no cole e fixemos o Festival de Nadal. Déronse os nomes das persoas gañadoras no concurso de postais inclusivas (o xurado estivo deliberando un bo tempo) e fixemos unha exposición no taboleiro con todas as que participaron. Ademais pedimos a toda a comunidade educativa que escribira nunha folla algo bo para poñer na “árbore dos desexos”.

 

 

 

 

 

Tamén tivemos a marabillosa visita do Apalpador, e ata aos profes nos deixou un regaliño! Despedimos o ano con ledicia e esperanza, con música e panxoliñas (non pode ser de outra maneira) e tamén pequenas obras de teatro que sacaron a actriz ou actor que cada un de nós levamos dentro. :)

 

 

 

Desexamos o mellor para este novo ano 2022! Que non falte a saúde, a amizade, as boas lecturas e a boa xente para compartilas. BO NADAL!

 

Club de lectura de profes e de Secundaria

Etiquetas :

Este é o primeiro ano da andadura do Club de Lectura do cole (Courelemos), e hai moito que celebrar! O equipo docente (e as persoas alleas que se queiran sumar ) está convidado a participar. 

Pedimos un par de suxestións a toda a comunidade docente, e neste primeiro sorteo saíu Golpes de luz, de Ledicia Costas. Á volta do nadal xuntarémonos para falar do libro. 

 

 

Por outra banda, no club de lectura de Secundaria o libro escollido foi 22 segundos, de Eva Mejuto. Aproveitando o Nadal, adiantamos un par de capítulos.

 

Decembro, o mes máis curto no cole.

Etiquetas :

Decembro. O mes máis curto no cole... Despois de voltar da ponte o equipo de Dinamización e de Biblioteca organizamos un concurso de tarxetas postais inclusivas que se exporán no taboleiro. 

25 N: Unha cor, un corazón.

Etiquetas :

Chamada a vestirnos de lila, violeta ou negro como forma de amosar (tamén por fóra) o rexeitamento á violencia de xénero.

Hora de ler (Primaria)

Etiquetas :

O noso alumnado sabe como meterse nun bo libro! Aquí, en total calma e silencio, durante a hora de ler dun día calquera. :)

Mulleres que nos constrúen

Etiquetas :

 

  • O 23 de novembro tivemos a sorte de contar cun obradoiro sobre “Mulleres que nos constrúen” levado a cabo por Tarabela Creativa, no que o alumnado fixo de xornalista por un día e investigou sobre mulleres que coñecen na súa contorna sobre a vida, dificultades, traballos, etc... Cal é a historia das mulleres na nosa familia? Ó día seguinte fixeron unha bonita exposición cos resultados.

 

 

Xornada das Bibliotecas Escolares de Galicia

Etiquetas :

 

  • O 20 de novembro tivo lugar a Xornada de Bibliotecas Escolares en Santiago de Compostela, e nós tamén estivemos alí. Foi un día marabilloso, no que puidemos compartir experiencias, atopar antigas compañeiras ou coñecer xente xenial, por suposto aprender moito... e aínda houbo tempo para a diversión con ponentes inesquecibles que arrancaban as gargalladas de tod@s.

 

 

Dálle a volta aos micromachismos.

Etiquetas :

 

Durante todo o mes de novembro realizamos actividades relacionadas coa muller e o 25 N; por exemplo un taller de micromachismos con visionado de curtas, debates e exposición no taboleiro de boas prácticas, dándolle a volta a esos micromachismos tan presentes no día a día.

 

 

 

 

A Biblioteca tinguiuse de cor violeta, e fixemos unha pequena exposición permanente con lecturas moi recomendables sobre o tema do feminismo e a violencia de xénero.

 

 

 

 

4 de novembro, día internacional contra a violencia e o acoso na escola.

Etiquetas :

 

Adqurimos esta marabillosa obra de banda deseñada, a historia dura e real de Iñaki Zubizarreta, que ofrece moitas posibilidades didácticas para con o noso alumnado.

 

 

CPI POETA UXÍO NOVONEYRA

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design