Skip to Content

Cursos anteriores, Curso 2017/2018

Etnografía

Álbum: Sen categoría -> Exposición Fotografía Etnográfica

Nadal 2017

Celebración do Nadal no CPI Plurilingüe de Navia de Suarna.

Todas as fotos aquí.

Álbum: Sen categoría -> Nadal

Visita Fundación TIC / El Progreso

O alumnado de 4º, 5º e 6º de E. Primaria visitou a Fundación TIC mentres os de ESO coñecían El Progreso. Despois deleitámonos coas actividades desenvoltas na Fundación Abanca e a exposición de fotos de Xosé Abad.

Podedes ver todas as fotos aquí.

Álbum: Sen categoría -> TIC

Bádminton Primaria

Agora tocoulles aos máis pequenos ir a disfrutar dunha xornada de convivencia en Cervantes coa excusa dun campionato de Bádminton.

Álbum: Sen categoría -> badprimaria

CPI de Navia en negro

Acticvidades que realizamos para o día da violencia de xénero: 25 de novembro de 2017.

 

Outra forma de entender a enfermidade, outra forma de ver a vida.

Onte recibimos a visita de Mirian e do seu pai. Foi toda unha lección de vida e de positivismo. Un luxo poder compartir un ratiño con ela. Para os que queirades coñecela, podedes visitar o seu blog: http://quedamuchavida.blogspot.com.es.

Clicade na imaxe para ver un "mini" álbum de fotos.

Álbum: Sen categoría -> Outra forma

Visita a Lugo

Os alumnos de E. P. e Infantil visitaron as instalacións do Parque de Bombeiros de Lugo mentras que os de E.S.O. asistían a unha obra de teatro en francés. Para rematar o día fomos ao Museo Provincial de Lugo.

Se queredes ver un mini álbum de fotos clicade na imaxe pero todas as fotos están no Facebook do EDLG.

Álbum: Sen categoría -> Visita a Lugo

Torneo Bádminton ESO

O 22 de novembro celebrouse no CPI de Cervantes un campionato de bádminton no que participamos todos os centros da Montaña: O Caurel, Pedrafita, Becerreá e Cervantes. O noso alumnado realizou un moi bo papel aínda que o importante é participar e disfrutar da xornada de convivencia entre toda a rapazada da Montaña.

Álbum: Sen categoría -> Bádminton

Sementando landras.

O CEIP RODOLFO NÚÑEZ de Vilardevós, sensibilizado pola vaga de lumes que padecemos, ideou unha fermosa actividade. Mandáronnos por correo unhas landras e semente de castiñeiro para que fixéramos un semilleiro e nun futuro plantar no monte para o mes de xuño. Velaí as fotos no noso pequeno horto.

Todas as fotos no facebook do EDLG.

Álbum: Sen categoría -> Landra

Magosto/Samaín

Algunhas fotos das actividades realizadas para celebrar o Samaín que concluiron cun magosoto no que se entregaron os premios aos gañadores/as dos relatos de terror deste curso e do concurso de cabazas. Rematamos cuns divertidos xogos populares.

Todas as fotos aquí.

Álbum: Sen categoría -> Magosto/Samaín

Tod@s contra o lume.

Onte vivimos un día moi triste no noso centro. A pesar do perigo que nos rodeaba, tivemos clases. De corpo presente pero as nosas mentes estaban en: Vilarello de Donís, Robledo de Donís, Vilar de Donís, Cabanaxaraz, Noudelo, Os Olmos, Xantes, Donís, Aucella, A Freita, Cereixido, San Martiño, San Robredín...

Pendentes da Fonsagrada e de Asturias.

O noso corazón con Piornedo.

Foron unhas horas angustiosas. Un ceo ameazante escurecido polo fume e sen saber, realmente, o que estaba a pasar nos pobos veciños. As miradas dos rapaces dicían moitas cousas: tristeza, pena, rabia, dor, incomprensión, preocupación... E as dos profesores eran un reflexo directo dos seus pensamentos.

Fixemos un seguimento por Internet da situación e comprobamos que somos os esquecidos das institucións e dos medios. Temos claro que se non miramos por nós mesmos, dende logo ninguén o vai facer. Defendamos o noso. A nosa terra, os nosos montes que son o legado das vindeiras xeracións.

 

 

 

  • Un pequeno vídeo que fixemos.

  • Todas as fotos aquí 

https://www.facebook.com/endl.desuarna/posts/1549889821720954

 

Álbum: Sen categoría -> Lume

Obradoiro de Autorretratos Estilo Andy Warhol

Así de chulos quedaron os autorretratos que fixo o alumnado da ESO no mes de xuño do 2012  baixo a dirección de Laura Cereijido profesora de Francés.

 

 

Se queredes descargar a imaxe premede co botón dereito  AQUÍ e seleccionade gardar ligazón como ...

Samaín 2011

carruselcarrusel 1º ESOcincenta 3º ESOcincenta 3º ESOEpi e BlassEpi e Blasspantasmaspantasmas         
         
Distribuir contido


by Dr. Radut