LETRAS GALEGAS 2022
25N: DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES
Este é o traballo premiado:
E aquí temos a recollida do premio:
Iniciativa dos máis peques. Dando o noso apoio ás víctimas.
PLANS ADAPTACIÓN E CONTINXENCIA AO COVID-19 CURSO 2021-22
Plan de continxencia ao contexto CoVid-19 Curso 2021-22
Plan de adaptación ao contexto CoVid-19 Curso 2021-22
LISTAXE LIBROS DE TEXTO 21-22 
PROTOCOLOS COVID 2020-2021
Imos comezar un curso "moi especial" e tod@s estamos un pouco perdid@s sobre o que debemos facer na volta ás aulas. Neste vídeo podedes ver un resumo das normas que se deben seguir para previr contaxios no centro escolar.
Plan de continxencia do centro ao contexto da COVID-19
Plan de adaptación do centro ao contexto da COVID-19
Horarios espello para o ensino virtual na ESO
Horarios espello para o ensino virtual na EI e EP
Resolución do 2 de novembro ante peches de aulas ou centros
Resolución sobre os horarios virtuais en caso de peches de aulas ou centros
Ligazón a información COVID da Consellería de Educación
http://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus
Ligazón ao portal COVID da Consellería de Sanidade
https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Informaci%C3%B3n-Covid-centros-educativos
DECLARACIÓN RESPONSABLE E ENQUISA DE AVALIACIÓN CLÍNICA DA COVID-19
INFORMACIÓN PARA ALUMNADO E FAMILIAS PARA O SEGUIMENTO DAS CLASES ONLINE
ESO
-
Na plataforma E-Dixgal (1º e 2º da ESO) e na Aula Virtual do centro iremos colgando as actividades por materias para que sigades traballando desde as vosas casas mentres non se poidan reanudar as aulas presenciais. Teredes unha planificación semanal das actividades e prazos de entrega.
- CADRO RESUMO DA PLANIFICACIÓN DAS ACTIVIDADES A REALIZAR POLO ALUMNADO
PERÍODO | CURSO | |||
1º ESO |
2º ESO |
3º ESO |
4º ESO |
|
Do 16 ao 27 de marzo | ![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Do 30 de marzo ao 3 de abril | ![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Do 14 ao 30 de abril |
![]() |
![]() |
![]() |
|
Do 27 de abril ao 8 de maio |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Do 10 de maio ao 22 de maio |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Do 25 de maio ao 5 de xuño |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
PRIMARIA E EI
- O alumnado de 6º de EP poderán seguir traballando co libro dixital E-Dixgal como de costume e consultando os blogs de aula, inglés e plástica aloxados na páxina web (na columna esquerda, bloque PRIMARIA)
- Aula: http://terceirociclonavia.blogspot.com/
- Lingua Inglesa (Para todo o alumnado de Ed. Primaria) http://rosaliascorner.blogspot.com/
- Ed. Artística: (Toda Ed. Primaria) http://outroblogmais.blogspot.com/
CANLES COMUNICACIÓN
-
Recomendamos ás familias que instalen a APP para móbiles ABALAR Móbil que pode servir de canle de comunicación entre o profesorado e as familias. Ademais a través do Abalar Móbil recibirán o boletín de notas.
- Guía para as familias abalarMóbil
-
Listaxe cos correos electrónicos do profesorado para consultar dúbidas, entrega de actividades, etc.
ABERTO PRAZO PARA SOLICITAR AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO EN 1º e 2º de EP, PRÉSTAMO DE LIBROS A TRAVÉS DO FONDO SOLIDARIO EN 3º e 4º de EP e 3º e 4º da ESO e AXUDA PARA MATERIAL ESCOLAR PARA TODOS OS CURSOS AGÁS INFANTIL
NOTA INFORMATIVA PARA ALUMNADO QUE VAIA CURSAR 1º ou 2º de EP.
Requisitos e instrucións para o alumnado que vaia cursar 1º, 2º ou 3º de EP que poden participar na convocatoria axudas para adquisición de libros de texto e na de axudas de material escolar.
NOTA INFORMATIVA PARA ALUMNADO QUE VAIA CURSAR 5º e 6º de EP OU 1º E 2º DA ESO
Requisitos, instrucións para o alumnado que vaia cursar 5º e 6º de Educación Primaria ou 1º e 2º da ESO que ao teren libro electrónico E-Dixgal, só poden participar na convocatoria das axudas para material escolar.
NOTA INFORMATIVA PARA ALUMNADO QUE VAIA CURSAR 3º OU 4º DE EP OU 3º OU 4º da ESO
Requisitos e instrucións para o alumnado que vaia cursar 4º de EP ou 3º e 4º da ESO que poden participar na convocatoria de préstamo de libros a través do Fondo Solidario e ás axudas para material escolar.
DESCARGAR IMPRESOS DE SOLICITUDE
PRAZO ATA O 19 DE XUÑO DE 2020
FOMA DE PRESENTACIÓN:
Preferentemente por medios electrónicos. Se se fai presencialmente no centro deberán chamar para concertar unha cita e CUMPRIR AS MEDIDAS HIXIÉNICAS, USO DE MASCARILLA E DE DISTANCIAMENTO SOCIAL ACONSELLADAS POLAS AUTORIDADES SANITARIAS.
LIGAZÓN Á CONVOCATORIA NO DIARIO OFICIAL DE GALICIA
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200519/AnuncioG0534-120520-0003_gl.html
PLANS DE RECUPERACIÓN DE AVALIACIÓNS SUSPENSAS E PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS ADAPTADAS
PLANS DE RECUPERACIÓNS DE SUSPENSAS DA 1ª E 2ª AVALIACIÓN E PENDENTES DO CURSO ANTERIOR
- Bioloxía e Xeoloxía e Física e Química
- Matemáticas
- Inglés
- Xeografía e Historia
- Francés
- Lingua Galega e Literatura
- Castelán
PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS 2019-20 (Adaptadas de acordo as Instrucións do 27 de abril do 2020)
PROGRAMACIÓNS ADAPTADAS ESO (Premer nas ligazóns para descargalas)
- Física e Química | Bioloxía e Xeoloxía
- Lingua Galega e Literatura
- Lingua Castelá e Literatura
- Xeografía e historia
- Francés
- Inglés
- Música 2ª
- Música 3º
- Matemáticas
- Valores Éticos 1º ESO
- Valores Éticos 2º ESO
- Valores Éticos 3º ESO
- Valores Éticos 4º ESO
- Educación Física
- Tecnoloxía
- TIC
- Educación Plástica
PROGRAMACIÓNS ADAPTADAS EDUCACIÓN PRIMARIA (Premer nas ligazóns para descargalas)
- Inglés 1º,2º,3º e 6º de EP
- Eduación Plástica 1º,2º,3º e 6º de EP
- Matemáticas, Castelán, Galego,... de 6º de EP
- Matemáticas, Castelán, Galego, ... aula mixta 1º-3º EP
- Valores Éticos
- Ciencias Sociais 6º EP
- Relixión
- Música
- Educación Infantil
No bloque superior da dereita tedes un novo apartado "Para nen@s" que inclúe unha selección (moi abundante) de webs para que @s máis cativ@s se podan entreter durante este periodo de cuarentena. En breve engadirase unha lista de apps.
A Televisión de Galicia vai emitir, desde o luns e pola súa segunda canle, a G2, un bloque de programación educativa. De luns a venres, entre as 11.00 e as 13.00 horas, este bloque emitirase mentres os centros escolares permanecen pechados atendendo as restricións para loitar contra coronavirus. Esta medida foi aprobada este sábado polo Centro de Coordinación Operativa establecido en Galicia para tratar a emerxencia.
O Ministerio de Educación, en colaboración con RTVE, poñerá en marcha a partir deste luns 23 a iniciativa "Aprendemos en casa", dirixida a escolares de entre 6 e 16 anos para facilitar o aprendizaxe durante a suspensión da actividade lectiva motivada polo estado de alarma.
Trátase dunha programación especial de cinco horas diarias de contidos educativos que se emitirá en aberto durante as mañás, de luns a venres, en Clan TV e en La 2 de TVE
Aquí tedes unha lista de 9 museos que podedes visitar estando na casa:
-
Pinacoteca di Brera - Milano
-
Galleria degli Uffizi - Firenze
-
Musei Vaticani - Roma
-
Museo Archeologico - Atenas
-
Prado - Madrid
-
Louvre - Paris
-
British Museum - London
-
Metropolitan Museum - New York
-
National Gallery of art - Washington
REAPERTURA DOS PRAZOS DE ADMISIÓN EN EDUCACIÓN INFANTIL, PRIMARIA E ESO DO 11 AO 18 DE MAIO
(RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de
Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.)
REAPERTURA DO PRAZO DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN DO 8 AO 18 DE MAIO.
- Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en
centros docentes sostidos con fondos públicos do 11 ao 18 de maio.
O centro estará aberto en horario de mañá das 10:30 a 12:30.
NOVOS PRAZOS PARA FORMALIZACIÓN DO PROCESO DE ADMISIÓN EMATRÍCULA:
- Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.
- Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
- Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 díashábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
- Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
- Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.
- Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bacharelato: do 1 ao 10 xullo. Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020.
Achegamos resumo das instrucións do 27 de marzo, dirixidas ás direccións dos centros educativos de ensino non universitario, sobre a concreción de medidas a adoptar en relación coa avaliación do segundo trimestre:
1 A efectos de dar continuidade no calendario escolar, os centros educativos procederán a formalizar o peche da avaliación do segundo trimestre. Cada centro, dentro da súa autonomía pedagóxica e de xestión, disporá as medidas precisas para a súa formalización, na medida do posible, antes do 3 de abril.
2 Non serán avaliables as actividades relacionadas cos contidos curriculares realizadas polo alumnado con posterioridade á data de declaración do estado de alarma. En consecuencia, aqueles centros que non teñan formalizado o peche da avaliación do segundo trimestre procederán a formalizalo co traballo desenvolvido ata dita data.

No caso de familias que teñan dificultades para a presentación electrónica poden poñerse en contacto co centro no teléfono 982 87 06 01 , no correo electrónico cpi.naviadesuarna@edu.xunta.es ou a través das mensaxes privadas do facebook do endl do centro https://www.facebook.com/endl.desuarna para axudarlles na súa presentación, para isto precisaremos que nos acheguen os datos do anexo cumprimentados por correo electrónico ou por outros medios telemáticos (foto do anexo cumprimentado, datos básicos identificativos por teléfono ...)
EMERXENCIA SANITARIA CORONAVIRUS
ESTADO DE ALARMA
Ante a crise desatada polo coronavirus COV-19 que levou ao goberno a declarar o estado de alarma e as últimas instrucións da Xunta de Galiza comunicamos a toda a comunidade educativa que:
ESTE CENTRO PERMANECERÁ PECHADO
(POLO MENOS ATA O 11 DE ABRIL)
Irase actualizando información e colgando todas as instrucións e rcomendacións así como canles para contactar de forma telemática co profesorado.