Libros de texto e material escolar. Curso 2021-2022
Toda a información sobre estas axudas atópase no seguinte enlace.
- A participación no Fondo de libros está destinada ao alumnado matriculado en 3º, 4º de primaria no curso 2021-22.
- As axudas para adquirir libros de texto van dirixidas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de primaria no curso 2021-22, con renda per cápita do ano 2019 igual ou inferior a 10.000€.
- As axudas para material escolar van dirixidas a todo o alumnado con renda per cápita do ano 2019 igual ou inferior a 6.000€.
- O alumnado matriculado en 5º,6º de primaria e na ESO no curso 2021-22 está incluído no proxecto educacióndixital (E-DIXGAL) no obstante, poderán solicitar para adquirir material escolar cando reúnan os requisitos establecidos na orde.
Forma e prazo de presentación
Poderán encher e presentar a solicitude até o 22 de xuño dos seguintes xeitos:
A solicitude será única para todos os fillos.
Poden descargar o impreso neste enlace ou recollelo na secretaría do centro.
Requisitos
- Ter devolto os libros de texto adquiridos con cargo ás axudas do curso 2020/21.
- O alumnado tutelado pola Xunta de Galicia ou con discapacidade superior ao 65% será beneficiario desta axuda con independencia da renda.