Skip to Content

Contrato-programa

Contrato-programa

Dende o curso 2012-13, o centro asina coa Consellería de Educación un contrato no que comprometémonos a desenvolver unhas liñas de actuación destinadas a mellora dalgún aspecto no ámbito da comunidade escolar, e a cambio a Consellería aporta un orzamento para cubrir, na medida do posible, os custes xerados. Nos últimos anos temos ampliado as actuacións para ser capaces de mellorar aspectos diversos da nosa organización. Na actualidade traballamos nos seguintes aspectos:

-Programa de de reforzo e acompañamento

  1. Dous grupos no que se afonda no comprensión oral e escrita, razoamento lóxico matemático, cálculo e resolución de problemas, técnicas de estudo e organización do traballo, mellorar a autonomía, etc. Todo esto encamiñado a mellorar os índices de éxito escolar. O programa é impartido por unha mestra en horario de 16:00-18:00 de luns a xoves.
  2. Dous grupos para o reforzo en competencia matemática para mellorar o éxito escolar nas áreas relacionadas con esta competencia. Impartido en horario de 16:00-18:00 de martes a venres por un profesor especialista en mateméticas.

-Mellora da convivencia e promoción da igualdade nos xéneros

  1. Actividades de dinamización dos recreos. Xadrez, ping-pong, escalada, radio, biblioteca...
  2. Lecturas para educar en valores en educaciòn primaria.

-Mellora na xestión do centro. Protocolización dos procedementos, elaboración da axenda escolar e xornadas gastronómicas.

-Mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia. Experimento do mes.

Distribuir contido


by Dr. Radut