Skip to Content

Novas

PROCEDEMENTO SOLICITUDE DE MÁSCARAS

No DOG do 12 de novembro de 2021 publicouse a ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E).

NON terá que presentar solicitude o alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2021/22.

Poderá presentar a solicitude o alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:

- Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

- Alumnado amtriculado en educación especial.

- Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

- Alumnhado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

O prazo para presentar as solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG, é dicir, do 15 ao 26 de novembro de 2021.

Máis información no arquivo adxunto:

Contenido sindicado


VOZ NATURA

 

 

Biblioteca

 

Bibliotecas Escolares

by Dr. Radut