Iniciar sesión: Acceso

Lingua castelá

PODCAST GUDIÑA ESTUDIOS: 1º EPISODIO OUTUBRO

En Lengua Castellana creamos un canal de podcast , Gudiña Estudios, no

Ruta literaria Andalucia

RUMBO A ANDALUCÍA...

 

E por fin chegou o día! Hoxe 17 de maio marcharemos de A Gudiña ben cedo para emprender rumbo nunha viaxe moi diferente... Agárdannos Sevilla, Puerto de Santa María, Málaga e Granada, e nestas cidades  espérannos  un anfitrións de luxo: Cernuda, Alberti, Aleixandre e Lorca!

Esta viaxe é unha oportunidade única para comprobar "in situ" que a literatura é unha fonte inestimable de información social, cultural e histórica.

Para os docentes, esta experiencia, supón o reto de ensinar lonxe do ámbito escolar, dar clase, sen estar "en clase", crear un ambiente plenamente educativo estando fóra do plano escolar, somerxerse enteiramente na materia e estudar e aprender da experiencia "cos cinco sentidos".

Dende o Departamento de Lingua Castelá e Literatura o noso empeño pasa por evitar que queden sen coñecer, valorar e mesmo amar un universo tan rico como é o da Literatura. Queremos que se enriquezan e se acheguen á poesía, ao  teatro e ás narracións. A "Ruta Literaria da Xeración do 27" axudaranos a coñecer os sentimentos, vivencias, anhelos e tristuras duns poetas que marcaron unha época literaria, lonxe da frialdade dos libros de texto.

Boa viaxe!

 

CALENDARIO DE ACTIVIDADES DA RUTA LITERARIA

Xa queda moi pouquiño tempo para que desfrutemos, por fin, da Ruta Literaria Xeración do 27. A continuación podedes consultar o calendario de actividades previstas para a visita:

 

 DOMINGO

17:00 -18:00 Chegada e aloxamento na Instalación Xuvenil de Sevilla

18:00  Encontro e cea cos alumnos do I.E.S. Miguel de Unamuno

LUNS (Cernuda)

Almorzo

10:00 Paseo literario pola Sevilla de Luis Cernuda

14:00 Comida na Instalación Xuvenil de Sevilla

16:00 Visita á catedral

18.00 encontro con poetas no Ateneo de Sevilla

Cea e aloxamento na Instalación Xuvenil de Sevilla

MARTES (Alberti)

Almorzo

9:00 Saída cara o Porto de Santa María

11:00 Visita á Fundación Rafael Alberti

14:00 Comida picnic

16.00 Obradoiro “Perdidos en la Arboleda”

Regreso a Sevilla, cea e aloxamento na Instalación Xuvenil

MÉRCORES (Aleixandre)

Almorzo e recollida de equipaxe

9:00 Saída cara Málaga

12:00 Visita ó Centro Cultural da Xeración do 27

14:30 Comida na Instalación Xuvenil de Málaga

16:00 Obradoiro literario “La Generación olvidada “

Saída cara Granada e chegada á Instalación Xuvenil Víznar

Aloxamento e ce ana devandita instalación

Distribuir contido