Iniciar sesión: Acceso

Novas

PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID-19 PARA O CURSO 2021-2022

Solicitude Axudas Fondo Solidario Libros de Texto

ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/22 (código de procedemento ED330B)

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 22 de xuño de 2021 (este incluído).

Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

Os Anexos I e II preséntanse no arquivo adxunto. Débense cubrir, imprimir e presentar no centro educativo

HORARIOS ESPELLO EI, EP E ESO

No seguinte arquivo adxunto podedes consultar os HORARIOS ESPELLO de todos os niveis do centro, que só se porán en marcha NO CASO DE CONFINAMENTO, a realizar a través de clases virtuais coa ferramenta CISCO WEBEX. De ser así, tanto profesorado como alumnado cumprirá ditos horarios, tendo un control diario de faltas nestas clases ao igual que nas presenciais:

Distribuir contido