Iniciar sesión: Acceso

Axudantes

Axudantes

PRAZO DE ADMISIÓN DE COLABORADORES/AS DO COMEDOR ESCOLAR

ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CENTRO CPI DOMINGO FONTÁN, COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2023-2024.

 

As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2023-2024, colaborar de xeito altruísta  (percibirase unha compensación económica de 12,50€/día por gastos de dedicación e desprazamento)  nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 1 de setembro de 2023, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 22 de decembro de 2023.

 

Durante o curso escolar 2023-2024 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

 

SOLICITUDE COLABORADORES/AS COMEDOR (Descarga)

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer