Iniciar sesión: Acceso

CALENDARIO ESCOLAR 2024/2025

Estimadas familias,

Achégase a ORDE do 12 de abril de 2024 pola que se aproba o calendario escolar para o vindeiro curso 2024-2025 na que se recolle, entre outros detalles, que as actividades lectivas comezarán o día 11 de setembro de 2024 e rematarán o 20 de xuño de 2025.

Podedes acceder ao documento completo premendo aquí.

Un saúdo.

SPRING WEEK 2024

O grupo de 3º da ESO foi seleccionado para participar na actividade de inmersión lingüística en Inglés: Spring Week 2024.

A cualificación recibida polo noso proxecto foi a máis alta do seu grupo de idade e é resultado dun grande labor de innovación educativa desenvolvido estes últimos cursos polas Seccións Bilingües de Bioloxía (Carlos Castro) e Educación Plástica (Sara Rosales), coordinados pola profesora de Inglés (Susana Simó).

O Ensino CLIL (Aprendizaxe Integrado de Linguas) consiste en empregar linguas estranxeiras en materias non lingüísticas para mellorar as competecias do alumnado, abrir o campo de utilización do Inglés e ampliar o vocabulario específico. 

Require un gran esforzo por parte de profesores e alumnos, o que se ve recompensado con recoñecementos e oportunidades coma ésta.

A Spring Week desenvolverase en Mondariz durante a derradeira semana de Abril.

 

Ligazón á resolución definitiva 

 

 

Becas

INFORMACION SOBRE BECAS DE ESTUDOS POSTOBRIGATORIOS

"Aberto o prazo para a solicitude de BECAS  para estudos postobrigatorios para o curso 2024/2025:

para Bacharelato e FP. 

Do 19 de marzo ao 10 de maio. 

Pódese consultar toda a información no seguinte enlace:  

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/fp-bachillerato-otros/tipos-de-becas.html"

 

Proceso de admisión

Admisión alumnado

 

 Unicamente para alumnado doutros centros ou que se incorpore ao sistema educativo por primeira vez. 

 

Prazos do proceso 

SOLICITUDE DE ADMISON: Do 1 ao 20 de marzo

 

 

  +Máis información

 

                                 

VACANTES Curso 2024-2025

100%

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer