Iniciar sesión: Acceso

Avaliacións e Pendentes

Avaliacións e Pendentes

Datas das avaliacións de ESO no curso 2023-2024

Achegamos as datas nas que se realizarán as sesións das avaliacións de ESO do curso 2023-2024 e tamén aparecen no documento as datas de publicación das notas coas cualificacións que se realizarán por Abalar,

No caso de que algunha familia desexe obter as notas en papel deberá avisar ao titor/titora ou ao equipo directivo.

A publicación da información das notas ás familias coincidirá en todas as etapas educativas do centro (infantil, primaria e secundaria)

Datas de avaliación ESO 2023-2024

Achegamos información sobre as datas nas que se realizarán as avaliación de ESO e sobre os días nos que se publicarán as notas (por ABALAR).

Criterios de avaliación dos departamentos ESO para o curso 2023-2024

Achegamos un resumo dos criterios de avaliación e cualificación para o curso 2023-2024 dos departamentos de ESO para poder consultar en calquera momento a forma de calcular as notas dos diferentes seminarios do centro.

Criterios de avaliación e cualificación dos departamentos de ESO

Achegamos un resumo dos criterios de avaliación e cualificación dos departamentos de ESO para poder consultar en calquera momento a forma de calcular as notas dos diferentes seminarios do centro.

Datas de avaliacións ESO 2022-2023

Achegamos información sobre as datas nas que se realizarán as avaliación de ESO e sobre os días nos que se publicarán as notas (por ABALAR).

A planificación inicial de curso veuse modificada posteriormente por unha nova orde da propia Consellería de Educación, na que o máis importante é o seguinte:

ORDE do 27 de decembro de 2022 de modificación da Orde do 20 de maio de 2022 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022/23 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia

(...)

3. As sesións de avaliación final extraordinaria do alumnado do bacharelato e do primeiro curso dos ciclos formativos de grao básico, a sesión de avaliación final do alumnado da educación secundaria obrigatoria, as sesións da avaliación final de ciclo do segundo curso dos ciclos da formación profesional básica e as sesións da avaliación final de módulos do alumnado dos ciclos formativos de formación profesional deberán realizarse a partir do día 22 de xuño de 2023.

A sesión da terceira avaliación parcial da educación secundaria obrigatoria deberá coincidir coa sesión de avaliación final». 

Polo tanto, a 3ª avaliación e a avaliación final realizaranse o día 22 de xuño e as notas publicaranse ese mesmo día ás 18.00 horas por ABALAR.

Achegamos un segundo anexo coas datas definitivas despois da publicación da orde

Adaptación das programacións didácticas dos departamentos de ESO á Orde do 25 de xaneiro de 2022

O 11 de febreiro de 2022 publicouse no DOG a ORDE do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia

Esta orde ten por obxecto actualizar a normativa sobre a avaliación e a promoción na educación primaria, así como sobre a avaliación, a promoción e a titulación na educación secundaria obrigatoria e no bacharelato.

Nesta normativa actulíazase tamén o calendario escolar para adaptalo á nova lei de educación (LOMLOE) que elimina a avaliación extraordinaria e que quedaría como segue:

- A sesión da terceira avaliación parcial do alumnado da educación secundaria obrigatoria deberá realizarse a partir do día 6 de xuño de 2022.

-A sesión de avaliación final do alumnado da educación secundaria obrigatoria deberá realizarse a partir do día 23 de xuño de 2022 

Para adaptarse a esta nova situación cómpre actualizar as diferentes programacións didácticas dos departamentos de ESO e cómpre darlle publicidade na web do centro polo que achegamos en arquivos adxuntos o resumo dos criterios da avaliación e cualificación dos seminarios docentes do noso centro para xuño deste curso

Criterios de avaliación e cualificación Departamentos ESO 2021-2022

Estes arquivos conteñen os criterios de avaliación e cualificación dos diferentes departamentos de ESO para o curso 2021-2022

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer