Iniciar sesión: Acceso

HORARIO LECTIVO DO CENTRO

Achegamos un documento que recolle o horario lectivo do centro coas modificacións introducidas desde a pandemia (o recreo de educación infantil e primaria pasou a realizarse despois da segunda sesión lectiva no curso 2020-2021 para crear os famosos grupos "burbulla"). 

Polo demais non hai grandes cambios. O centro ten horario de tarde os luns e os martes e primaria ten xornada continua (sen tardes) nos meses de setembro e xuño. O horario de comedor segue sendo despois da quinta sesión para infantil e primaria e despois da sexta sesión (o luns e o martes hai un recreo nesa sexta sesión) para secundaria.

 

AdxuntoTamaño
Táboas horarias Portas post-Covid.pdf219.49 KB

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer