Estimadas familias,
O próximo luns 14 de novembro ás 17:45h na biblioteca do centro volve a Escola de Familias (charla e café) do CPI Domingo Fontán.
Recibiremos a Antonio Rial Boubeta, profesor da Universidade de Santiago de Compostela e experto en adiccións na xuventude, para falar do uso intensivo de internet, as redes sociais e os videoxogos na adolescencia, así como dos problemas a nivel emocional e de convivencia que traen consigo.
O profesor Antonio Rial exporá datos reveladores a este respecto e reflexionará coas familias asistentes sobre este non tan novo problema. Asemade, propoñerá algunhas claves e ferramentas para poder afrontalo no día a día.
Co fin de facilitar a conciliación, o alumnado (escolarizado no centro) poderá permanecer nas instalacións acompañado de persoal do centro mentres as súas familias participan na actividade.
Animádevos a asistir, a vosa presenza é moi importante!
Biblioteca do CPI Domingo Fontán
O luns 14 de novembro de 2022 ás 17.45h
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer