Iniciar sesión: Acceso

Datas de avaliacións ESO 2022-2023

Achegamos información sobre as datas nas que se realizarán as avaliación de ESO e sobre os días nos que se publicarán as notas (por ABALAR).

A planificación inicial de curso veuse modificada posteriormente por unha nova orde da propia Consellería de Educación, na que o máis importante é o seguinte:

ORDE do 27 de decembro de 2022 de modificación da Orde do 20 de maio de 2022 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022/23 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia

(...)

3. As sesións de avaliación final extraordinaria do alumnado do bacharelato e do primeiro curso dos ciclos formativos de grao básico, a sesión de avaliación final do alumnado da educación secundaria obrigatoria, as sesións da avaliación final de ciclo do segundo curso dos ciclos da formación profesional básica e as sesións da avaliación final de módulos do alumnado dos ciclos formativos de formación profesional deberán realizarse a partir do día 22 de xuño de 2023.

A sesión da terceira avaliación parcial da educación secundaria obrigatoria deberá coincidir coa sesión de avaliación final». 

Polo tanto, a 3ª avaliación e a avaliación final realizaranse o día 22 de xuño e as notas publicaranse ese mesmo día ás 18.00 horas por ABALAR.

Achegamos un segundo anexo coas datas definitivas despois da publicación da orde

AdxuntoTamaño
Datas avaliación 2022-23.pdf180.05 KB
Datas avaliación 2022-23 adaptadas á orde do 27 de decembro.pdf182.22 KB

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer