Iniciar sesión: Acceso

PLATAFORMAS DIXITAIS 2021/22

Estimados pais:

 

Todos os alumnos do CPI Domingo Fontán teñen xa á súa disposición cadanseu correo electrónico dentro do dominio "seguro"  @cpidomingofontan.net, adquirido polo centro.

A conta consta do nome e apelidos de cada alumno (todo xunto e en minúscula, sen ñ e sen tildes).

 

A través del poderán, por exemplo, seguir as clases online das Google Classroom e rebibir/enviar emails para comunicarse co profesorado.

 

Ademais, na parte superior desta páxina web está a ligazón á Aula Virtual da Xunta, na que tamén están matriculados todos os alumnos, e que permite a creación de unidades didácticas, entrega de tarefas, comunicación cos docentes...

 

CADA TITOR/PROFESOR EXPLICARÁ AOS ALUMNOS O XEITO DE ACCEDER A ESTAS PLATAFORMAS.

 

Á súa vez, iremos actualizando esta Páxina Web e os blogues correspondentes,e seguiremos a empregar o Espazo Abalar e o Abalar Móbil para as comunicacións pertinentes.

 

CÓDIGOS da Educación Virtual para a ESO no curso 2021/22

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer