Iniciar sesión: Acceso

World-café - Casos prácticos do día a día

 

 

Estimadas familias,

Despois da traxectoria que levamos este curso na Escola de Familias do CPI Domingo Fontán e das Escolas Unitarias de Lantaño e Romai, a cal comezamos avaliando as necesidades e intereses, e continuamos priorizando a formación en xestión emocional, normas e límites, agora queremos poñer en práctica o que aprendemos. Por este motivo convocámosvos para un novo world-café onde poñeremos en común a resolución de casos prácticos reais aplicando as estratexias aprendidas ata o de agora.

Os casos prácticos serán as vosas propias demandas que tedes formulado en ocasións ao profesorado, sendo esta información tratada dende o anonimato, por suposto. De todos xeitos podedes enviarlle a Silvia, a orientadora, aquelas cuestións, casos ou situacións nas que necesitades pautas concretas para unha mellor resolución, e encargarémonos de traballar sobre eles na Escola de Familias, onde entre todas e todos buscaremos as estratexias adecuadas. O envío desta información pode ser a través do correo silvia.puga@edu.xunta.es ou chamando ao 886151631, unha semana antes da sesión para poder preparar o material necesario.

Gustaríanos contar con vós. Unha vez máis contaremos con servizo de atención a nenas e nenos coa colaboración da ANPA, para facilitar a vosa asistencia e a conciliación. A vosa presenza é importante.

Nais, pais, avoas, avós, irmás… toda a familia conta na educación das crianzas, animádevos a vir.

Importante: haberá merenda, en caso de contar con intolerancias alimenticias por favor comunicádello á orientadora antes do 20 de marzo

 

ONDE? Na biblioteca do CPI Domingo Fontán

CANDO? O martes 24 de marzo de 2020 ás 17.30

 

Agardámosvos!

 

Organiza: Departamento de Orientación

en colaboración co CFR de Pontevedra.

 

Colabora ANPA de Portas.

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer